Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44475

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (48/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 48/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Felipe de Araújo contra a empresa Os Reis, S.L. sobre reclamación de cantidade -p. ordinario, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di:

Debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Diego Felipe de Araújo, contra Os Reis, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Os Reis, S.L., a aboaren ao demandante a cantidade de 2.835,02 € brutos, polos salarios percibidos nos meses de novembro e decembro de 2011 e xaneiro de 2012, incrementadas no xuro do 10 % por de mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra el recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co núm. 47570000 código 36 e nº de expediente, acreditando mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, que se incorporará a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Os Reis, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de outubro de 2013

A secretaria xudicial