Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44474

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (936/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 936/2011, por instancia de Ana Isabel Piñón Barreiro contra Inmobaño Decor, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, nos cales foi ditada sentenza no día 21 de novembro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo.

Estimar a demanda formulada por Ana Isabel Piñón Barreiro contra Inmobaño Decor, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Inmobaño Decor, S.L. á cantidade de mil cincocentos corenta e sete euros con vinte e catro céntimos de euro (1.547,24 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non gozar do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Inmobaño Decor, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de outubro de 2013

O secretario xudicial