Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44390

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO polo que se fan públicas as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, por promoción interna vertical, dunha praza de funcionario de carreira.

Por Decreto da Alcaldía núm. 119/2013, do 22 de outubro de 2013, aprobáronse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade por promoción interna vertical dunha praza de funcionario de carreira vacante no Concello de Negreira, e incluída na oferta de emprego público de 2013, coas seguintes características:

Grupo de clasificación: C. Subgrupo C1. Escala: Administración xeral. Subescala: administrativa. Número de vacantes: 1. Denominación: administrativo-tesoureiro.

De acordo co anterior e en cumprimiento do disposto polo artigo 6 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local, fanse públicas as referidas bases na súa integridade.

Bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade por
promoción interna vertical dunha praza de funcionario de carreira vacante no Concello de Negreira, e incluída na oferta de emprego público de 2013

Primeira. Obxecto da convocatoria

É obxecto das presentes bases a provisión en propiedade da praza que se inclúe na oferta pública de emprego correspondente ao exercicio do ano 2013, aprobada por Resolución da Alcaldía núm. 106 do 26 de setembro de 2013 e publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 194, do 11 de outubro de 2013, así como no Diario Oficial de Galicia núm. 201 do 21 de outubro de 2013, cuxas características son:

Grupo: C. Subgrupo C1. Escala: Administración xeral. Subescala: administrativa. Número de vacantes: 1. Denominación: administrativo/a-tesoureiro/a.

O sistema selectivo elixido é o de concurso-oposición por promoción interna vertical.

Segunda. Condicións de admisión de aspirantes

Para poder participar nos procesos selectivos será necesario reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao empregado público.

e) Estar en posesión do título de bacharelato, FP 2º grao ou equivalente, ou en condicións de obtelos na data de finalización do prazo de admisión de solicitudes. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estar en posesión de credencial que acredite a súa homologación.

f) Ter a condición de funcionario de carreira do Concello de Negreira pertencente á subescala auxiliar da escala de Administración xeral con antigüidade de, polo menos, dous anos nela. No caso de carecer da titulación exixida na alínea anterior, ten unha antigüidade de 10 anos na mesma escala do subgrupo C2 ou de 5 anos e a superación dun curso específico de formación (disposición adicional vixésimo segunda da Lei 30/1984, do 2 de agosto).

Terceira. Forma e prazo de presentación de instancias

As solicitudes para tomar parte nas correspondentes probas de acceso nas cales os aspirantes farán constar que reúnen as condicións exixidas nas presentes bases, dirixiranse ao alcalde-presidente do Concello de Negreira, e presentaranse no Rexistro de Entrada deste concello no prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

En relación coa presentación, aplicarase o disposto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A solicitude, que se axustará ao impreso normalizado que figura como anexo I, deberá ir acompañada por:

– Fotocopia do DNI ou, se é o caso, pasaporte.

– De ser o caso, documentación acreditativa da posesión do título Celga-4 ou equivalente.

– Xustificante do pagamento das taxas por dereito de exame, que ascenden á cantidade de 20 euros, e que deberán ingresarse na Tesouraría Municipal.

De acordo co determinado no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non cumprise os requisitos exixidos, requerirase o interesado do modo expresado na base seguinte para que emende a falta no prazo de dez días, con apercibimento de que, se non o fixese, se arquivará sen máis trámite.

Cuarta. Admisión de aspirantes

Expirado o prazo de presentación de instancias, o alcalde-presidente no prazo máximo dun mes, ditará resolución declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos. A resolución publicarase no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello de Negreira, con indicación de nome, apelidos e DNI dos admitidos e excluídos, indicando as causas de exclusión e concedendo un prazo de dez días para a emenda de defectos, determinándose nesta resolución, o lugar e data do comezo dos exercicios, a orde de actuación dos aspirantes, se é o caso, e a
composición do tribunal.

No caso de non existir reclamacións, a lista de admitidos entederase automaticamente elevada a definitiva, sen necesidade de nova publicación.

Quinta. Tribunal cualificador

O tribunal cualificador estará constituído polos seguintes membros:

• Presidente: un funcionario de carreira.

• Presidente suplente: un funcionario de carreira.

• Secretario: un funcionario de carreira.

• Secretario suplente: un funcionario de carreira.

• Primeiro vogal: un funcionario de carreira.

• Primeiro vogal suplente: un funcionario de carreira.

• Segundo vogal: un funcionario de carreira.

• Segundo vogal suplente: un funcionario de carreira.

• Terceiro vogal: un funcionario de carreira.

• Terceiro vogal suplente: un funcionario de carreira.

• Cuarto vogal: un funcionario de carreira.

• Cuarto vogal suplente: un funcionario de carreira.

O secretario actuará con voz pero sen voto.

Entre os vogais figurará un representante da Comunidade Autónoma.

A abstención e recusación dos membros do tribunal será de conformidade co artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A actuación do tribunal deberá axustarse ás bases da convocatoria e está facultado para resolver as cuestións que se poidan suscitar no curso do proceso selectivo e para adoptar os acordos necesarios para a súa debida orde, en todo o non previsto nestas normas. O tribunal resolverá, por maioría de votos dos membros presentes, todas as dúbidas que xurdan da aplicación das normas contidas nesta resolución e determinará a actuación procedente nos casos previstos. Os seus acordos só poderán ser impugnados polos interesados nos supostos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O tribunal poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas para todos ou algún dos exercicios sinalados; estes asesores limitaranse a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas.

O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que sexan escritos e non deban ser lidos en sesión pública polos opositores, sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes.

Aqueles exercicios que os aspirantes non poidan realizar conxuntamente, de acordo co previsto na Resolución da Secretaría de Estado de Administracións Públicas do 6 de febreiro de 2013, publicada no Boletín Oficial del Estado núm. 37, do 12 de febreiro de 2013, iniciaranse por aquelos cuxo primeiro apelido comence por la letra «A».

Sexta. Sistemas de selección e desenvolvemento dos procesos

• Procedemento de selección:

O procedemento de selección dos aspirantes constará das seguintes fases:

– Concurso.

– Oposición.

• Fase de concurso:

A fase de concurso non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar as probas da fase de oposición.

Os méritos computables nesta fase serán os seguintes:

– Grao persoal consolidado superior ao nivel 18 de complemento de destino: ata 2 puntos inferior ao nivel do posto: 1,5 puntos. Ata 3 puntos inferior ao nivel do posto: 1 punto. Acreditarase coa presentación de certificación da resolución de recoñecemento de grao.

– Experiencia na Tesouraría Municipal:

• 0,60 puntos por cada ano completo de servizo en calidade de tesoureiro municipal.

Esta epígrafe puntuarase ata un máximo de 2 puntos.

Acreditarase a través do certificado dos servizos prestados emitido pola Administración onde se prestasen.

– Pola realización de cursos de formación que versen sobre materias relacionadas coa Administración local, impartidos polas administracións públicas, EGAP, centros de formación e/ou universidades:

• De ata 20 horas de duración: 0,15 puntos/curso.

• De máis de 20 ata 40 horas de duración: 0,20 puntos/curso.

• De máis de 40 ata 75 horas de duración: 0,30 puntos/curso.

• De máis de 75 horas de duración: 0,50 puntos/curso.

Non se puntuará a asistencia a xornadas, seminarios, simposios e similares, e non se valorarán os cursos dos cales non se acredite o número de horas que os constitúe. Acreditarase coa presentación dos diplomas correspondentes en orixinal ou fotocopia compulsada.

Esta epígrafe puntuarase ata un máximo de 1,50 puntos.

• Fase de oposición:

A fase de oposición consistirá na realización de tres probas.

Os aspirantes serán convocados en chamamento único, e serán excluídos da oposición os que non comparezan, salvo causa de forza maior debidamente acreditada e libremente apreciada polo tribunal.

En calquera momento o tribunal poderá requirir os opositores para que acrediten a súa personalidade.

Os candidatos deberán acudir provistos do DNI ou, no seu defecto, pasaporte ou carné de conducir.

Os exercicios da oposición serán os seguintes:

– Primeira proba.

De carácter obrigatorio e eliminatorio, 20 preguntas tipo test con respostas alternativas sobre o programa que figura no temario anexo: puntuarase de 0 a 4 puntos a razón de 0,2 puntos por cada resposta correcta. O tempo máximo para a realización do exercicio será de 60 minutos. As respostas contestadas e incorrectas descontarán 0,017 puntos sobre a puntuación total obtida. Para superar o exercicio os candidatos deberán obter unha puntuación igual ou superior a 1,25 puntos.

– Segunda proba.

De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá nunha proba práctica en soporte informático, de duración non superior a 60 minutos e estará relacionada cos programas e aplicacións informáticos Excel e Agora.

Na calificación deste exercicio valorarase a preparación e correcta aplicación dos coñecementos teóricos dos aspirantes á resolución dos problemas prácticos formulados, e desenvolveranse utilizando medios informáticos. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 1 hora.

– Terceira proba.

De carácter obrigatorio para todos os aspirantes, a excepción dos que teñan acreditado o título Celga-4 ou equivalente que estarán exentos de realizar o dito exercicio. A terceira proba consistirá na tradución nun tempo máximo de 1 hora dun texto de galego para o castelán ou de castelán para o galego, por proposta do tribunal. Este exercicio será cualificado de apto ou non apto.

Desde a total terminación dun exercicio ou proba ata o comezo do seguinte, deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e máximo de 40 días naturais.

Sétima. Cualificación

Os exercicios cualificaranse:

A primeira proba de carácter teórico cualificarase ata un máximo de 4 puntos, e serán eliminados os aspirantes que non alcancen un mínimo de 1,25 puntos.

A segunda proba de carácter práctico cualificarase ata un máximo de 4 puntos, e serán eliminados os aspirantes que non alcancen un mínimo de 1,5 puntos.

Cada un dos membros do tribunal efectuará a cualificación por separado en cada exercicio. A cualificación final obterase da media aritmética de cada unha das puntuacións outorgadas por cada membro do tribunal.

A puntuación final dos aspirantes na fase de oposición obterase mediante a suma total das puntuacións obtidas nas probas primeira e segunda, sempre que se cumpra o que se indica para a terceira proba.

A cualificación final será a suma dos puntos obtidos na fase de concurso e a obtida na fase de oposición.

No caso de empate este dirimirase do seguinte xeito:

– Por aquel aspirante que saque mellor puntuación na fase de oposición.

– De persistir o empate, terase en conta a puntuación obtida na fase de concurso, na epígrafe experiencia na Tesouraría Municipal.

– De persistir o empate, este solventarase por orde alfabética do primeiro apelido dos aspirantes empatados, que se iniciará pola letra a que se refire a base quinta de conformidade co establecido na Resolución da Secretaría de Estado para a Administración Pública.

Terminada a calificación, o tribunal publicará no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial da provincia o nome dos aspirantes que superasen as probas de selección, e propoñerá á Alcaldía-Presidencia para a provisión como funcionario de carreira aquel que obteña a maior puntuación total.

Oitava. Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento

O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao das prazas convocadas. En consecuencia, sexa cal sexa o número de aspirantes que superen o último exercicio da fase de oposición, tan só terá a consideración de aprobado aquel opositor que obteña a cualificación definitiva máis alta sen que en ningún caso, baixo sanción de nulidade, se poida exceder o número de prazas convocadas.

Acreditación das condicións do seleccionado:

Os aspirantes aprobados presentarán no Concello os seguintes documentos, acreditativos de que posúen as condicións e requisitos exixidos nesta convocatoria:

1. Fotocopia (que deberá presentarse para a súa compulsa co orixinal) dos seguintes documentos:

– Documento nacional de identidade.

– Título académico exixido na convocatoria.

2. Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

3. Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento das súas funcións.

4. Acreditación da prestación de servizos nun posto do grupo C, subgrupo C2 consonte o reflectido na alínea f) da base segunda.

O prazo de presentación de documentos será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da lista de aprobados no Boletín Oficial da provincia.

Quen dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou desta se deduza que carece dalgún dos requisitos exixidos, non poderá ser nomeado, e quedarán anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que poidan ter incorrido por falsidade nas súas solicitudes de participación.

Concluído o proceso e presentada a documentación, procederase ao seu nomeamento como funcionario/a de carreira por resolución da Alcaldía e deberá tomar posesión da praza no prazo de 1 mes a partir da publicación do nomeamento no Boletín Oficial da provincia. Transcorrido o dito prazo sen efectuala entenderase que se renuncia á praza e ao correspondente nomeamento.

Novena. Incidencias

As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

No non previsto nas presentes bases aplicarase o disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local; RDL 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; Lei 7/2007, do 12 de abril do Estatuto básico do empregado público; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración local; Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado; Decreto autónomico núm. 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Negreira, 22 de outubro de 2013

Juan J. Rey Maceira
Alcalde-presidente

ANEXO I

Solicitude de admisión ás probas selectivas para a provisión como funcionario
de carreira polo procedemento de concurso-oposición dunha praza de administrativo-tesoureiro de Administración xeral do Concello de Negreira

Datos personais:

Primeiro apelido: ..., segundo apelido: ..., nome: ..., DNI núm.: ..., domicilio: ..., cidade: ..., provincia: ..., código postal: ..., teléfono: ..., data nacemento: ..., correo electrónico:...:

Desexa tomar parte nas probas selectivas para a provisión como funcionario de carreira polo procedemento de concurso-oposición dunha praza de administrativo-tesoureiro de Administración xeral do Concello de Negreira, polo que,

MANIFESTA:

Que reúne todos e cada un dos requisitos exixidos na convocatoria. Que no caso de ser nomeado/a tomará posesión da praza no prazo previsto nas bases da convocatoria.

Que xunta o documento acreditativo do pagamento dos dereitos de exame.

� Xúntase o título acreditativo do Celga-4 ou equivalente.

SOLICITA:

Ser admitido ás probas a que se refire a presente instancia, para o cal xunta copia do DNI.

Negreira, ... de ... de 201…

Asdo:……………………………………………

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE NEGREIRA

ANEXO II
Programa

Tema 1. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases: especial referencia ás ordenanzas fiscais.

Tema 2. Persoal ao servizo das entidades locais. Os funcionarios públicos: clases. Selección. Situacións administrativas. O persoal laboral: tipoloxía e selección.

Tema 3. Os bens das entidades locais.

Tema 4. Lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana.

Tema 5. A informática na Administración pública. As aplicacións informáticas utilizadas polos concellos.

Tema 6. O orzamento das entidades locais. Os principios orzamentarios.

Tema 7. O orzamento das entidades locais. Contido, elaboración e aprobación. A prórroga orzamentaria.

Tema 8. A estrutura orzamentaria das entidades locais. Clasificacións orgánica, funcional e económica. A aplicación orzamentaria.

Tema 9. Os créditos do orzamento de gastos. A vinculación xurídica dos créditos.

Tema 10. As modificacións de crédito nas entidades locais. Clases e tramitación.

Tema 11. A execución do orzamento de gastos. Fases de execución.

Tema 12. A ordenación do gasto. Autorización de gastos. Disposición ou compromiso de gastos. Recoñecemento e liquidación de obrigas.

Tema 13. A ordenación do pagamento. O pago que hai que xustificar. Anticipos de caixa fixa.

Tema 14. O gasto de carácter plurianual.

Tema 15. O peche e a liquidación dos orzamentos das entidades locais.

Tema 16. O remanente de tesouraría e o resultado orzamentario.

Tema 17. A conta xeral das entidades locais. Contido e estrutura. Rendición.

Tema 18. O tributo e as categorías tributarias.

Tema 19. A Lei de facendas locais. Clasificación dos ingresos.

Tema 20. A taxa como recurso das facendas locais.

Tema 21. O prezo público na esfera local.

Tema 22. IVE nos concellos. Tratamento e contabilización.