Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44388

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

EDICTO de aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución parcial da urbanización da rúa Miramar.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 14 de outubro de 2013, acordou a aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para completar a urbanización da rúa Miramar e realizar as publicacións e notificacións regulamentarias.

Consonte o disposto no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente exponse ao público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, debendo achegar a documentación acreditativa do seu dereito no devandito prazo e podendo achegar os ditames periciais que xulguen pertinente.

O expediente pódese consultar nas oficinas da Xerencia de Urbanismo do Concello de Ferrol, sito na rúa María, núm. 52-54, 5º andar.

Para xeral coñecemento, e para os efectos das alegacións oportunas no dito prazo, exponse a seguinte relación de bens e dereitos que se van expropiar:

Nº parcela

Titular catastral

Referencia catastral

Sup. total
(m2)

Sup. expropiada (m2)

01

Salvador Carlos Martínez Fernández

María Inés Maroño Fernández

1348225NJ6114N0001RP

183

70

02

Salvador Carlos Martínez Fernández

1348224NJ6114N0001KP

93,63

31

A presente notificación producirá os efectos previstos no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles interesados aos cales non se lles poida practicar a notificación ou resulten descoñecidos no expediente.

Ferrol, 28 de outubro de 2013

José Manuel Rey Varela
Alcalde