Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44386

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

EDICTO de aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución parcial da urbanización da avenida 19 de Febrero en Serantes.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 14 de outubro de 2013, acordou a aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución parcial da urbanización da avenida 19 de febrero, na zona de Serantes (proxecto de travesía na DP-3612 Aneiros a Cabana, 1ª fase, p.q. 0+00 a p.q. 0+300) e acordos complementarios, e realizar as publicacións e notificacións regulamentarias.

Consonte o disposto no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente exponse ao público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, debendo achegar a documentación acreditativa do seu dereito no devandito prazo e podendo achegar os ditames periciais que xulguen pertinente.

O expediente pódese consultar nas oficinas da Xerencia de Urbanismo do Concello de Ferrol, sito na rúa María, núm. 52-54, 5º andar.

Para xeral coñecemento, e para os efectos das alegacións oportunas no dito prazo, exponse a seguinte relación de bens e dereitos que se van expropiar:

Nº parcela

Titular catastral

Referencia catastral

Sup. total
(m2)

Sup. expropiada
(m2)

01

Amelia Rodríguez López

1366301NJ6116N0001ZZ

159

14

02

Antonio Aneiros Mesía

Mª Erundina Fernández Rico

1366314NJ6116N0001LZ

119

20

03

Antonio Aneiros Mesía

Mª Erundina Fernández Rico

1366313NJ6116N0001PZ

134

24

04

José Polo Vales

Amelia Montero Mosquera

Mª Ángeles Polo Montero

Carlos Polo Montero

1366302NJ6116N0001UZ

1.083

10

05

Ángel Cartelle Mayobre

Mercedes Pardo Hermida

1366312NJ6116N0001QZ

166

24

06

Consuelo Hermida Villadoniga

Mercedes Pardo Hermida

1366311NJ6116N0001GZ

513

25

07

Pilar Polo Vales

Juan José Picos Polo

Guillermo Antonio Picos Polo

Mª del Pilar Picos Polo

Juan Picos Rodríguez

Novagalicia Banco

1366310NJ6116N0001YZ

509

65

08

Genoveva Fernández Prieto

Mª Teresa Otero Cernadas

1366309NJ6116N0003EM

99

21

09

Genoveva Fernández Prieto

1366309NJ6116N0003EM

524

10

10

Patricia Nieto Domínguez

Jessica Nieto Astigarravia

1165901NJ6116N0001PZ

877

173

11

María Grandal Graña

Alfonso Fernández Grandal

1166104NJ6116N0001PZ

601

15

12

Juan José Alonso Santiago

Mª del Carmen Díaz del Río Pérez

1167601NJ6116N001IZ

2.851

337

A presente notificación producirá os efectos previstos no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles interesados aos cales non se lles poida practicar a notificación ou resulten descoñecidos no expediente.

Ferrol, 22 de outubro de 2013

José Manuel Rey Varela
Alcalde