Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44403

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato das obras do proxecto de execución de urbanización dos terreos ocupados para sistema local de zonas verdes/espazos libres da AR 22 N.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato das obras do proxecto de execución de urbanización dos terreos ocupados para sistema local de zonas verdes/espazos libres da AR 22N, situados no interior do quinteiro formado por Alejandro Pedrosa, Santa Teresita, Río Xares, Río Bubal e Río Limia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2240.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de obras.

b) Descrición do obxecto: contratación das obras do proxecto de execución de urbanización dos terreos ocupados para sistema local de zonas verdes/espazos libres da AR 22 N, situados no interior do quinteiro formado por Alejandro Pedrosa, Santa Teresita, Río Xares, Río Bubal e Río Limia.

c) CPV: 45112700-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial da provincia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 7 de novembro de 2012.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 796.610,17 euros. IVE: 167.288,14 euros. Importe total: 963.898,31 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 19 de setembro de 2013.

b) Data de formalización: 18 de outubro de 2013.

c) Contratista: Acciona Medio Ambiente, S.A.U.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 546.315,25 euros. IVE: 114.726,20 euros. Importe total: 661.041,45 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: con base no informe técnico, asumido pola mesa de contratación, que sirve de xustificación para o outorgamento de puntos non reconducibles a fórmulas matemáticas e pola aplicación da fórmula recollida no prego de condicións para valoración dos criterios reconducibles a fórmulas.

Ourense, 23 de outubro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde