Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44405

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación do servizo de conservación e mellora de campos de fútbol de herba natural e artificial (expediente 43/13).

Por decreto da Alcaldía do 25 de outubro de 2013 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 43/13).

2. Obxecto do contrato: servizo de conservación e mellora dos campos de fútbol de herba natural e artificial do Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 129.470 € (107.000 € + 22.470 € en concepto de IVE), e un prazo de execución de 1 ano. Prevese un orzamento máximo para a subministración de caucho (se for necesario) polo importe de 4.840 € (IVE incluído).

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 25 de outubro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde