Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44406

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de licitación para o alleamento da parcela 307-A do Plan xeral da zona de concentración parcelaria deste concello.

Aprobado pola Xunta de Goberno Local, en sesión do 4 de novembro de 2013, o prego de cláusulas que rexerá o procedemento aberto, cun só criterio de adxudicación, para o alleamento, mediante compravenda, da parcela nº 307-A do plano xeral da zona de concentración parcelaria de Xinzo de Limia, no sitio de Veiga, propiedade deste concello, con destino a solo industrial, anúnciase a apertura do procedemento de licitación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Xinzo de Limia.

b) Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: alleamento da parcela coa seguinte descrición.

a) Parcela nº 307-A do plano xeral da zona de concentración parcelaria de Xinzo de Limia, no sitio de Veiga, propiedade deste concello, con destino a solo industrial.

b) Superficie catastral: 72.655,5 m2.

c) Lindeiros: norte: Digna Fuentes Santana (303), Hortensia Gómez e outros (304), e Generosa Ramos Justo (305). Sur: camiño. Leste: camiño. Oeste: resto predio matriz 307-B.

d) Descrición urbanística: clasificación do solo: solo urbanizable. Categoría do solo: solo urbanizable delimitado ou inmediato (SU1). Sector: 3. Polígono: I do PSPE. Uso: industrial. Edificabilidade máxima sobre parcela neta (m2/m2): 0,84. Recuamento fachada: 8-8. Recuamento fondo: 5-5. Altura planta: mínima 7,5 m e máxima 16 m (poderá aumentarse por razóns xustificadas). Ocupación máxima sobre parcela neta: 85 %. Gastos de urbanización polígono I onde se sitúa parcela: 813.378,24 €; o adxudicatario subrógase nos restantes compromisos asumidos polo concello, coa sinatura o 21.10.2013, do convenio urbanístico con Xestur Ourense, S.A.

e) Inscrición rexistral: o predio está inmatriculado a nome do Concello de Xinzo de Limia no Rexistro da Propiedade de Xinzo no tomo 787, libro 217, folio 71, inscrición 1ª, o 26.1.2009.

f) A venda realízase en concepto de corpo certo segundo o establecido no prego de cláusulas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e cun só criterio de adxudicación.

4. Tipo de licitación: o prezo da parcela obxecto de alleamento é de 758.602,19 € (IVE incluído) e debe entenderse como mínimo, debendo realizarse as ofertas á alza. As ofertas con prezo inferior serán desbotadas. O pagamento do prezo farase na forma prevista na cláusula 14ª do prego.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Xinzo de Limia. Rúa Curros Enríquez, 15, 32630, Xinzo de Limia, Ourense. Teléfono: 988 55 51 11, fax: 988 55 51 12, correo electrónico: secretario@xinzodelimia-ayto.com. O prego estará exposto no perfil do contratante da Deputación Provincial de Ourense para os efectos de facilitar o acceso a este:

http://dpou.depourense.es/on-line/perfil/

8. Requisitos específicos do contratista: cláusulas 7ª e 8ª do prego.

9. Presentación de ofertas/propostas.

a) Prazo de presentación: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que cómpre presentar: a establecida na cláusula 8ª do prego. A proposta axustarase ao modelo que figura nesta cláusula.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do concello, das 8.00 ás 14.30 horas. A documentación poderá igualmente remitirse por correo nas condicións previstas no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Apertura de ofertas: concluído o prazo de presentación de propostas, constituírase a mesa de contratación na forma prevista na cláusula 9ª do prego, na sala de xuntas do concello, no día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de propostas. Estímanse inhábiles, para estes efectos, os sábados. O devandito acto será público.

11. Criterio de adxudicación: exclusivamente o prezo ofertado. O contrato adxudicarase a aquel licitador que oferte o maior prezo.

12. Gastos: os gastos que deriven dos trámites de preparación, adxudicación e formalización do contrato, incluídos os de inserción de publicidade en boletíns oficiais, serán por conta do comprador nos termos reflectidos no prego.

Xinzo de Limia, 5 de novembro de 2013

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde