Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44409

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, para a súa preparación e participación en competicións deportivas.

Bases: na sede da Fundación Deporte Galego. Estadio Multiúsos de San Lázaro, porta 4, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou na páxina web oficial: deporte.xunta.es.
Teléfono 881 99 98 40. Fax 881 99 98 42.

Lugar de presentación: a instancia de solicitude e a documentación correspondente presentaranse no Rexistro da Fundación Deporte Galego: Estadio Multiúsos de San Lázaro, porta 4 (15781 Santiago de Compostela).

Os/as interesados/as poderán tamén presentar as súas instancias mediante correo certificado, nos termos previstos no Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, que aproba o Regulamento dos servizos postais.

Prazo: o prazo de presentación das solicitudes será de 15 días naturais contados desde o seguinte día da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia.

Resolución: conforme os criterios establecidos nas bases, o prazo máximo para ditar e notificar aos/ás interesados/as a resolución expresa das axudas finalizará o 31 de decembro de 2013.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2013

José Ramón Lete Lasa
Vicepresidente executivo da Fundación Deporte Galego