Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44410

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a prestación do servizo de alugamento e mantemento de dúas depuradoras de osmose inversa para a depuración de lixiviados nas instalacións de Areosa (NC 0009/2013).

Alugamento e mantemento de dúas depuradoras de osmose inversa para a depuración de lixiviados nas instalacións de areosa (NC 0009/2013).

Data límite para a presentación das ofertas: 7 de xaneiro de 2014 ás 13.00 horas.

Data de apertura sobre B: 17 de xaneiro de 2014 ás 11.00 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data en:

– Plataforma de contratación pública de Galicia www.contratosdegalicia.es.

– www.sogama.es, apartado de perfil do contratante.

– Oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, 15187 Cerceda, A Coruña.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña). Teléfono: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Este anuncio enviouse ao DOUE o 8 de novembro de 2013.

Cerceda, 8 de novembro de 2013

Luis Lamas Novo
Presidente de Sociedade Galega de Medio Ambiente, S.A.