Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44315

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (965/2011).

Tipo e número de recursos: recurso de suplicación 965/2011 MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 490/2010. Xulgado do Social número 3 de Lugo.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Social da Mariña.

Recorridos: Constantino Pinín Rodríguez, Empresa Luis Aldamiz Madariaga.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento recurso de suplicación 965/2011 MCR desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Social da Mariña contra a empresa Constantino Pinín Rodríguez, Empresa Luis Aldamiz Madariaga sobre xubilación, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Declarar inadmisible por razón da contía o recurso de suplicación interposto polo demandante, contra a sentenza de data 13.1.2011 ditada polo Xulgado do Social número 3 de Lugo, en autos 490/10, que se declara, en consecuencia, firme.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción, que a resolución tivese incorrido a xuízo do recorrente.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo co secretario da sala».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que conste e sirva de notificación á empresa Luis Aldamiz Madariaga, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de outubro de 2013

A secretaria xudicial