Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44316

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (1112/2012).

Elma Monzón Cuesta, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dou fe e certifico:

Ditouse sentenza no xuízo verbal n° 1112/2012, en que é demandante Rafael Borja Malde Hervada e demandado Jesús Manuel Rey Palleiro.

Da devandita sentenza o interesado poderá ter coñecemento íntegro na Secretaría deste xulgado.

A resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días, contados a partir desta publicación, que deberá interpoñerse neste xulgado.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Jesús Manuel Rey Palleiro e para que sirva de notificación en forma por medio da súa publicación no DOG, expido e asino o presente.

A Coruña, 2 de setembro de 2013

A secretaria xudicial