Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44313

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2013 pola que se nomean funcionarios/as de carreira as persoas que superaron o proceso selectivo de acceso á escala técnica superior de administración, subgrupo A1, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Por Resolución do 8 de novembro de 2011 (DOG do 22 de novembro) convocáronse probas selectivas para o acceso, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, á escala técnica superior de administración da USC, subgrupo A1.

Unha vez concluídas as probas selectivas, as persoas que as superaron foron nomeadas por Resolución do 19 de agosto de 2013 funcionarios/as en prácticas para os efectos de realizar o curso selectivo correspondente.

E rematado o curso selectivo previsto na base 1.5 e no anexo I da convocatoria, procede nomear funcionarios/as de carreira da escala técnica superior de administración da USC as persoas aspirantes declaradas aptas no citado curso polo tribunal.

De conformidade co disposto no artigo 87 dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira da escala técnica superior de administración da USC as persoas aspirantes que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida no proceso selectivo.

Segundo. Para a adquisición da condición de funcionarios/as de carreira, as persoas interesadas prestarán xuramento ou promesa de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Terceiro. A toma de posesión deberán efectuala perante esta reitoría, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión deberán realizar a declaración a que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade do artigo 10 da Lei 53/1984.

Quinto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o antedito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala técnica superior de administración da
Universidade de Santiago de Compostela

Quenda de promoción interna:

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

33312133-Z

Cruz Torres, José Luis

2

33267242-L

Soengas Seoane, María del Carmen

3

32660933-J

Mosquera Barcia, Elsa María

Quenda de acceso libre:

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

53182118-T

Fernández Méndez, Denís

2

33346509-M

Martínez García, María Pilar

3

44445470-V

Fernández Pérez, Iván

4

44081853-F

Casal Reyes, Maruxa