Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44311

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías sanitarias.

Por Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 21 de setembro de 2012 (DOG nº 186, do 28 de setembro) abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, nas seguintes categorías estatutarias:

1. Fisioterapeuta.

2. Terapeuta ocupacional.

3. Técnico/a superior en documentación sanitaria.

4. Técnico/a superior en dietética e nutrición.

5. Técnico/a en farmacia.

Na devandita resolución preveuse unha xeración de listas coas persoas inscritas ata o 31 de outubro de 2012 que cumpran os requisitos determinados na citada resolución.

Por Resolución do 9 de abril de 2013 (DOG nº 79, do 24 de abril) publicáronse as listas provisionais dos/das aspirantes admitidos/as e excluídos/as daquelas categorías estatutarias.

Finalizado o prazo de emenda contra a dita resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade coa base décima da resolución de inicio do prazo de inscrición (DOG nº 186, do 28 de setembro),

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación definitiva de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, nas categorías de fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en dietética e nutrición e técnico/a en farmacia.

Segundo. As listas definitivas de excluídos/as e a lista definitiva de admitidos/as coa asignación da puntuación provisional e máis o número de orde acadados atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base décima da Resolución do 21 de setembro de 2012, contra a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

As persoas admitidas, con respecto aos resultados da baremación, poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e direccións con competencias en xestión do persoal no suposto de entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As reclamacións presentadas entenderanse estimadas ou desestimadas na resolución pola que se publiquen as puntuacións e a orde de prelación definitivas.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos