Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44053

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (967/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 967/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jaime Liñares Manteiga contra a empresa Agrupación de Comerciantes de Santiago, Antonio Pérez Casas, José Antonio López Gómez, José Cortes Prado, José Chaves Vites, Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, ditáronse as seguintes resolucións: Dilixencia de ordenación de data 9.7.2013 e Decreto de data 23.7.2013.

Dilixencia de ordenación

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2013

Jaime Liñares Manteiga, con data 9.7.2013 presentou recurso de reposición contra a dilixencia de ordenación de data 5.7.2013, e de conformidade co establecido no artigo 185.3 da LPL, acordo:

Admitir a trámite o dito recurso e dar traslado de copia do presentado ás outras partes para que no prazo de tres días o impugnen se así lles convén.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial

Decreto

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2013

Feitos:

Primeiro. Con data 5 de xullo de 2013 dítase no presente procedemento dilixencia de ordenación na cal se ten por ampliada a demanda fronte ás persoas relacionadas nela e requírese a parte demandante co fin de que achegue nove copias da demanda para a súa remisión ás novas codemandadas.

Segundo. Fronte á dilixencia mencionada, a parte demandante interpuxo recurso de reposición por medio de escrito de data 9 de xullo de 2013; do dito recurso conferiuse o oportuno traslado ás demais partes, despois de presentar escrito a parte demandada, o cal figura unido a autos.

Razoamentos xurídicos

Único. O artigo 80.2 da Lei 36/2011, reguladora da xurisdición social, establece que da demanda e documentos que se xunten presentará o demandante tantas copias como demandados e demais interesados no proceso haxa, así como para o Ministerio Fiscal, nos casos en que legalmente deba intervir, e dos demais documentos requiridos segundo a modalidade procesual aplicable.

No presente caso, a parte demandante presentou tantas copias da demanda como partes inicialmente demandadas, aínda que, con posterioridade e tal e como consta na acta de xuízo de data 4 de xuño de 2012, a maxistrada xuíza considerou necesario ampliar a demanda contra a comisión xestora á cal se alude na acta da Agrupación de Comerciantes de Santiago para os efectos de constituír validamente a relación xurídico-procesual; de aí que fose requirido primeiro Xosé Antonio Pedreira Miras e despois a parte demandada, co fin de que fosen identificadas as persoas que constituían a comisión xestora. Unha vez identificadas, por erro, requírese a parte demandada co fin de que achegue as copias da demanda oportunas.

Pois ben, co fin de dar estrito cumprimento ao acordado na acta de xuízo anteriormente mencionada, procede deixar sen efecto o requirimento de achega de copias da demanda á parte demandante co fin de conceder previamente a esta o prazo de catro días co fin de ampliar a demanda fronte ás persoas identificadas pola parte demandada por medio de escrito de data 27 de xuño de 2013, tal e como se acordou na acta de xuízo de data 4 de xuño de 2012 que figura unida nas actuacións.

Parte dispositiva

Acordo estimar o recurso de reposición interposto pola parte demandante Jaime Liñares Manteiga fronte á dilixencia de ordenación de data 5 de xullo de 2013, revogándoa no sentido de deixar sen efecto o requirimento de achega de nove copias da demanda para os efectos da súa remisión ás codemandadas e, no seu lugar, concederlle o prazo de catro días co fin de que amplíe a demanda fronte ás persoas identificadas pola parte demandada por medio de escrito de data 27 de xuño de 2013, a saber, José Antón Pedreira Miras, Francisco Manuel Loimil Loureiro, Rosa Guillen Casas, José Antonio Seijas Castro, José Oreiro Lameiro, Marina Ponte Santasmariñas, Vicente López Veiga, Ismael López Silva y José Antonio Alvite Iglesias, presentando as oportunas copias.

Visto o resultado negativo da dilixencia de notificación realizada polo Servizo Común de Actos de Comunicación á codemandada Agrupación de Comerciantes de Santiago no domicilio sito na r/ República del Salvador nº 9, 3, 15701 Santiago de Compostela, requíranse as partes co fin de que no prazo de 3 días acheguen domicilio completo dela ou ben o número de CIF, se é o caso, co fin de descubrir o seu novo domicilio.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso, sen prexuízo de reproducir a cuestión ao recorrer, se for procedente, contra a resolución definitiva.

Así o acordo e asino.

A secretaria xudicial

E para que lle sirva de notificación en legal forma á demandada Agrupación de Comerciantes de Santiago por encontrarse en ignorado paradoiro, insírese o presente no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2013

A secretaria xudicial