Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44052

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (565/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial substituta do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 565/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tiago Charles Ferreira contra a empresa Garcajide, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que, con estimación da demanda formulada por Tiago Charles Ferreira, contra a empresa Garcajide, S.L., debo de declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante. Así mesmo, dada a imposibilidade da readmisión, declaro extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condeno a empresa demandada a que aboe ao demandante unha indemnización por un importe de mil setecentos dez euros con noventa e catro céntimos (1.710,94 €).

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza substituta que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Garcajide, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de outubro de 2013

A secretaria xudicial