Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44051

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (538/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial substituta do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 538/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Escudero Casal contra a empresa Serpaq Narón, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que con estimación da demanda formulada por Carlos Escudero Casal contra a empresa Serpaq Narón, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante. Así mesmo, dada a imposibilidade da readmisión, declaro extinguida a relación laboral na data da presente resolución e condeno a empresa demandada a que aboe ao demandante unha indemnización por un importe de tres mil catrocentos trinta e un euros con cincuenta e sete céntimos (3.431,57 €).

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciar ante xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificación de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Serpaq Narón, S.L. expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de outubro de 2013

A secretaria xudicial