Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44050

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1389/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1389/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Gestión Inmobiliaria Gallega, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou resolución dirixida a Fundación Laboral de la Construcción, contra a cal non cabe interpor ningún recurso, podendo os interesados ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Gestión Inmobiliaria Gallega, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de outubro de 2013

A secretaria xudicial