Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (165/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 165/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sebastián Alonso Díaz contra Fondo de Garantía Salarial, Buzoneos de Galicia, S.L.L., sobre despedimento, se ditou resolución dirixida, entre outros, a Buzoneos de Galicia, S.L.L., contra a cal cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Buzoneos de Galicia, S.L.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de outubro de 2013

A secretaria xudicial