Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44057

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (145/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de execución 145/2012 e acumulados seguidos neste xulgado, sobre reclamación de cantidade, por instancia de Pablo Villaverde Varela, Juan Manuel Fernández Lamela, Francisco Viña de la Iglesia, contra Teoplac Aislamientos, S.L., en reclamación de 23.044,12 euros de principal, máis 764,52 euros que se calculan para xuros, gastos e custas, acordouse por resolución do día da data sacar a poxa pública polo prazo de vinte días os bens embargados á parte executada, que logo se indicarán, e sinalar para a realización da poxa o día 13 de decembro de 2013 ás 10.00 horas, na planta 2ª do edificio dos xulgados, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, desta cidade de Santiago de Compostela, que se rexerá polas seguintes condicións:

A) Que os licitadores, a excepción do executante, para tomar parte na poxa deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, referencia número 5076-0000-64-0145-12 no Banesto, o 5% do valor do vehículo para os efectos de poxa, cantidade que se devolverá, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen na poxa, agás ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do xulgado para o caso en que o rematante non consignar o resto do prezo, e deberán consignar, así mesmo, no devandito xustificante, se é o caso, se recibiron en todo ou en parte cantidades dun terceiro.

B) Que poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización, facendo o depósito a que se fixo mención anteriormente, cuxos sobres serán abertos ao inicio da poxa, e que producirán os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

C) O executante só poderá tomar parte na poxa cando existan licitadores e poderá mellorar as ofertas que se fixeren, sen necesidade de consignar cantidade ningunha.

D) Que poderán facerse ofertas superiores ao 70 % do valor do vehículo para os efectos de poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

E) Para o caso de que se fagan ofertas e non superen o 50 % do valor de taxación ou que non cubran, polo menos, a cantidade pola que se despachase execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, resolverase sobre a aprobación do remate á vista das circunstancias do caso.

F) Só a adquisición ou adxudicación practicada en favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiro.

G) A certificación rexistral e, se é o caso, a titulación do ben que se poxa estarán de manifesto na Secretaría deste xulgado.

H) Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existan títulos.

I) As cargas ou gravames anteriores, se os houber, ao crédito do demandante continuarán subsistentes e, polo só feito de participar na poxa, o licitador admíteos e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudicar ao seu favor.

J) O presente edicto está exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado, publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal de poxas xudiciais e electrónicas existente e dependente do Ministerio de Xustiza.

O presente edicto servirá ademais de para os efectos de publicación, de notificación e citación para todos os efectos ás partes.

Ben obxecto de poxa.

1º. Vehículo matrícula 3381 CHD, marca Renault, modelo Kangoo, tipo vehículo mixto adaptable, número de bastidor VF1KC0NEF28736726, e data de matriculación 30.4.2003.

Taxación para poxa: 1.800 euros.

O vehículo encóntrase precintado no depósito municipal de Santiago de Compostela. Faise saber ao adxudicatario ou adxudicatarios deste que os gastos de depósito, se é o caso, serán pola súa conta.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2013

A secretaria xudicial