Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44032

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para a inclusión nas listas elaboradas de conformidade con este decreto que se atopan en xestión e unha vez que a Comisión Permanente Central acordou, na súa xuntanza do día 16 de outubro do presente ano, elevar a este centro directivo as listaxes correspondentes, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas que se inclúen no anexo I desta resolución, así como para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal laboral correspondentes aos grupos e categorías que se inclúen no anexo II, con indicación das puntuacións provisorias resultantes da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

Segundo. As listas atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.

Nas devanditas listas figura a seguinte información:

– Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional.

– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coas ditas reclamacións achegarase, de ser o caso:

– Documentación que emende a causa de exclusión.

– Certificación de servizos prestados na Xunta de Galicia no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo III a esta resolución, que deberá ser expedida polas unidades seguintes:

– Servizos centrais:

Secretaria/o xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefas/es de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

– Servizos periféricos:

Xefas/es territoriais ou funcionaria/o responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores provinciais ou delegados comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

– Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración da Xunta de Galicia e do Pladiga. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV á presente resolución e deberá ser asinada pola/o secretaria/o do concello.

No suposto de que algún dos excluídos das citadas listas non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluído.

Cuarto. A partir da publicación desta resolución no DOG, os solicitantes provisionalmente admitidos ou excluídos poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15.2 do Decreto 37/2006, que se encontra á súa disposición na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe de listas de contratación temporal.

Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes e daráselle a oportuna publicidade no DOG.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información.

A1

206K

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Arquivos.

A1

206L

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Bibliotecas.

A1

210A

Escala de inspección urbanística.

A1

2060

Corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

A1

2061

Escala de arquitectos.

A1

2062

Escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos.

A1

2063

Escala de enxeñeiros/as agrónomos.

A1

2064

Escala de enxeñeiros/as industriais.

A1

2065

Escala de enxeñeiros/as de minas.

A1

2066

Escala de enxeñeiros/as de montes.

A1

2067

Escala de veterinarios.

A1

2068

Escala de biólogos/as.

A1

2069

Escala de químicos/as.

A1

2083

Escala superior de estatísticos.

A1

2086

Escala superior de finanzas.

A1

2093-01

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Dereito.

A1

2093-02

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Procesos de Cultivo Acuícola.

A1

2093-03

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Navegación Marítima.

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Pesca Marítima.

A1

2093-05

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Inglés Marítimo.

A1

2093-07

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Intervencións Subacuáticas e Hiperbáricas.

A1

2093-08

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Comunicacións.

A1

2093-09

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Máquinas e Instalacións Mariñas.

A1

2093-10

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Procesos Sanitarios.

A1

2093-11

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Formación e Orientación Laboral.

A2

205F

Escala técnica de finanzas.

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática.

A2

206I

Escala técnica de inspección turística.

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Arquivos.

A2

206X

Escala técnica de inspección de consumo.

A2

210B

Escala de subinspección urbanística.

A2

2051

Corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

A2

2052

Escala de enxeñeiros/as técnicos forestais.

A2

2073

Escala de arquitectos/as técnicos.

A2

2074

Escala de enxeñeiros/as técnicos de obras públicas.

A2

2075

Escala de enxeñeiros/as técnicos industriais.

A2

2077

Escala de enxeñeiros/as técnicos agrícolas.

A2

2085

Escala técnica de estatística.

A2

2094-01

Escala de mestres de taller. Especialidade en Servizos Subacuáticos e Hiperbáricos.

A2

2094-02

Escala de mestres de taller. Especialidade en Máquinas e Produción.

A2

2094-03

Escala de mestres de taller. Especialidade en Servizos ao Buque.

A2

2097

Escala de axentes de extensión pesqueira.

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática.

C1

2053

Corpo administrativo da Xunta de Galicia.

C1

2081

Escala de delineantes.

C2

2054

Escala de axentes forestais.

C2

2059

Corpo auxiliar da Xunta de Galicia.

2055

Agrupación profesional.

ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

002

Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a.

I

004

Titulado/a superior.

I

006

Titulado/a superior psicólogo/a.

I

019

Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior farmacéutico/a.

I

023

Documentalista.

II

001

Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva.

II

002

ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE.

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas.

II

006

Educador/a, profesor/a especial.

II

007

Titulado/a grao medio.

II

011

Fisioterapeuta.

II

017

Asistente social.

II

020

Terapeuta ocupacional.

II

021

Monitor/a ocupacional.

II

027

Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado/a medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio).

II

031

Restaurador/a.

II

033

Profesor/a de danza clásica.

II

037

Titulado/a medio/a formación ocupacional.

II

038

Perito-xudicial diplomado/a.

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil.

III

002

Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG.

III

004

Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos, encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar.

III

005

Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén.

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios.

III

012

Mestre/a de taller.

III

014

Xefe/a de cociña.

III

050

Técnico/a especialista xardín de infancia.

III

063

Oficial 1ª condutor/a, condutor/a 1ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a.

III

065

Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª.

III

066

Axudante taller, adxunto/a taller.

III

069

Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira.

III

078

Subgobernante/a.

III

090

Animador/a sociocultural.

III

104

Intérprete de linguaxe de signos.

IV

001

Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar.

IV

003

Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a.

IV

004

Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado.

IV

005

Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª.

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento.

IV

009

Oficial 2ª agrario/a.

IV

011

Auxiliar de laboratorio.

IV

016

Condutor/a.

IV

017

Almaceneiro/a, despenseiro/a.

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza).

IV

021

Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría.

IV

025

Cargador/a. Tremoieiro/a.

IV

030

Auxiliar formación ocupacional.

IV

031

Legoeiro/a.

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas.

IV

036

Auxiliar de museos.

IV

039

Auxiliar de autopsia.

V

001

Camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a.

V

002

Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelá/n, axudante traballos, encargado/a xardín.

V

003

Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xuramentado.

V

008

Peón/oa agrario/a.

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais.

V

10E

Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos.

V

10F

Peón/oa forestal.

V

011

Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais.

V

012

Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno.

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa
contra incendios forestais e de persoal do Pladiga

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico superior de defensa contra incendios forestais.

II

039

Técnico forestal de defensa contra incendios forestais.

III

100

Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais.

IV

032

Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais.

IV

033

Condutor motobomba de defensa contra incendios forestais.

IV

037

Oficial 2ª mecánico de defensa contra incendios forestais.

V

10A

Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais.

V

10B

Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais.

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais.

V

014

Peón de defensa contra incendios forestais.

V

14A

Peón condutor de defensa contra incendios forestais.

ANEXO III
Certificación de servizos prestados

(Resolución do..., DOG nº... do... de... de 201...)

Dª/D...

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

Cargo...

CERTIFICA

Que segundo os antecedentes que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada pola/o interesada/o, da que se conserva unha copia cotexada nesta unidade, dona/don... con DNI nº... prestou servizos no corpo, escala, grupo e categoría e nos períodos e consellerías e/ou organismos autónomos da Xunta de Galicia que de seguido se indican:

Grupo/categoría

(código)

Corpo/escala

(código)

Denominación
do posto

Consellería ou organismo autónomo da Xunta de Galicia

Código do posto de

traballo

(de ser o caso)

Descontinuo

(si/non)*

Fin de semana

(si/non)*

Data inicio

Data
fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en..., ... de... de 201...

(Sinatura)

* Nota:

– Os servizos prestados abranguirán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2012.

– É moi importante que no caso de postos descontinuos ou de fin de semana se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.

ANEXO IV
Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de
municipios da Comunidade Autónoma de Galicia

(Resolución do..., DOG nº... do... de... de 201...)

Dª/D...

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

secretario do concello de...

CERTIFICA

Que segundo os antecedentes que constan neste concello ou mancomunidade de municipios, dona/don... con DNI nº... prestou servizos neste concello ou mancomunidade de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia, no grupo e categoría e nos períodos que de seguido se indican:

Grupo/categoría

(código)

Denominación

do posto

Concello ou mancomunidade de municipios

Código do posto de

traballo

(de ser o caso)

Descontinuo

(si/non)*

Fin de semana

(si/non)*

Data

inicio

Data

fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en..., ... de... de 201...

(Sinatura)

Visto e prace O/A secretario/a

O/A alcaldesa

* Nota:

– Os servizos prestados abranguirán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2012.

– É moi importante que no caso de postos discontinuos ou de fin de semana se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.