Mediante a Resolución do 26 de setembro de 2013 (DOG número 186, do 30 de setembro) publicáronse as relacións provisionais de admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de xullo de 2013 (DOG número 150, do 7 de agosto).
Trancorrido o prazo que se establece nela para presentar as correspondentes alegacións e unha vez examinadas, esta dirección xeral
RESOLVE:
Elevar a definitivas as relacións de solicitantes admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.
Publicar a relación definitiva de excluídos como anexo desta resolución.
A lista de solicitantes admitidos está á disposición dos/das interesados/as no Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe «Función pública».
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Dirección Xeral da Función Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
1º APELIDO |
2º APELIDO |
NOME |
NIF |
NRP |
MOTIVO DA EXCLUSIÓN |
Dapia |
Prieto |
María Elena |
34983954B |
3498395457 A997C |
12, 13 |
Dapia |
Prieto |
Paula Antusa |
34983957Z |
3498395713 A997B |
12 |
Dapia |
Prieto |
Raquel |
34983958S |
3498395824 A997B |
12 |
Cód. causa |
Causa exclusión |
12 |
Corpo-escala ou categoría non corresponde ás do concurso |
13 |
Non cumpre o tempo exixido no posto definitivo |