Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44041

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2013 pola que se integra a José Antonio Vázquez Rodríguez, funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria, no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), establece na súa disposición adicional segunda que os funcionarios e funcionarias do corpo de profesores titulares de escola universitaria que no momento da entrada en vigor posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente e se acrediten especificamente para o acceso ao corpo de profesores titulares de universidade, conforme o que establece o artigo 57 da LOU, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen.

Unha vez solicitada por José Antonio Vázquez Rodríguez, con DNI número 32756732V, funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria da área de coñecemento de mecánica dos medios continuos e teoría de estruturas, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolve integralo no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de mecánica dos medios continuos e teoría de estruturas, con efectos económicos e administrativos do 14 de outubro de 2013.

Contra esta resolución, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pódese interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o reitor no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses na forma e nas condicións previstas na lei reguladora da dita xurisdición, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña