Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e necesidade de urxente ocupación, así como a aprobación do proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Agolada (expediente IN407A 2013/155-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CT Santo Estevo Basadre.

Situación: Agolada.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor LA-56 de 360 metros de lonxitude, con orixe no apoio 0 existente da saída POR 701 e final no apoio proxectado HVH nº 4, do cal continúa subterránea, con condutor RHZ, 211 metros finalizando no CT proxectado Basadre II. Centro de transformación de 160 kVA con RT 15 kV/400-230 V, situado en Basadre (Santa María), Agolada.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 31 de xullo de 2013, no BOP do 30 de xullo de 2013 , no xornal Faro de Vigo do 28 de agosto de 2013 e no taboleiro de anuncios do concello de Agolada.

Durante o mencionado trámite recibíronse as seguintes alegacións:

José Casal Ramos, como titular do predio núm. 5, e José Casal García, como titular do predio núm. 7, presentan escritos de alegacións por separado, pero de similar contido, con datas 26 de xullo de 2013 e 5 de agosto de 2013 respectivamente, en que manifestan que na relación das superficies afectadas non aparece reflectida ocupación temporal fóra da servidume de voo e apoio. Solicitan a piquetaxe sobre o terreo dos límites das servidumes antes do levantamento de actas previas á ocupación e a remisión por parte da empresa solicitante dos planos catastrais ou do Sixpac en que se concrete todo o que se pretende expropiar, instando a concreción e individualización das afeccións. Canto ao predio núm. 7, José Casal García manifesta ser o titular dela, achegando contrato de compravenda do 29 de xullo de 2013.

Unión Fenosa Distribución, S.A. contesta que a servidume de paso aéreo comprende a ocupación temporal, e que a piquetaxe e concreción dos bens afectados, e que se efectuará durante o levantamento de actas previas, achegando planos de emprazamento, parcelario e consulta do catastro, os cales foron remitidos aos alegantes por parte desta xefatura territorial. Canto ao predio núm. 7, a empresa toma nota da súa titularidade.

Con data do 30 de xullo de 2013, Alejandro Casal Bran, como titular dos predios 6 e 12, presenta escrito de alegacións en que dá conta da existencia de erros na cualificación do tipo de cultivo dos devanditos predios e manifesta non coñecer o trazado da liña nin a superficie afectada sobre os seus predios, solicitando a remisión do correspondente plano parcelario. Solicita tamén que a empresa distribuidora lle faga una oferta económica para os efectos de chegar a un acordo mutuo.

Unión Fenosa Distribución, S.A. contesta que será durante o levantamento de actas previas á ocupación cando se determinarán os dereitos afectados e se describirán os bens ou dereitos expropiables, achegando planos de expropiación dos devanditos predios. Manifesta tamén que se porá en contacto co alegante co fin de poder acadar un mutuo acordo.

Vistas as alegacións e as contestacións da empresa solicitante, resulta o seguinte: canto ás alegacións en que se solicita a piquetaxe e concreción e individualización dos bens que se pretenden expropiar, así como ás alegacións relativas a posibles erros na titularidade e cualificación do tipo de cultivo, hai que dicir que será durante o levantamento de actas previas, acto ao que serán oportunamente convocados, o momento en que se establecerá a afección e a piquetaxe, describindo os bens e dereitos afectados, e incorporando a documentación acreditativa precisa da súa titularidade, así como as manifestacións e datos útiles para a correcta determinación das características e natureza dos bens afectados. Con respecto ás alegacións relativas á ocupación temporal, cómpre dicir que, segundo o artigo 158 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a ocupación temporal atópase comprendida dentro da servidume de paso aéreo. Con respecto ás alegacións de descoñecemento do trazado da liña e das afeccións, dicir que se realizou a preceptiva exposición pública da solicitude de declaración de utilidade pública, de acordo co disposto no artigo 144 do devandito real decreto. Con respecto á alegación realizada por Alejandro Casal Bran relativa á consecución dun mutuo acordo, hai que dicir que, de acordo coa Lei de expropiación forzosa, pode acadarse mutuo acordo en calquera momento do procedemento expropiatorio, caso en que se daría por concluído o expediente de expropiación iniciado.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial, resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados, así como aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 16 de outubro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra