Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2013/52).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CTC e RBTS Ferromeira (San Martiño-Cerceda).

Situación: concello de Cerceda.

Características técnicas:

– LMT subterránea nº 1 a CTC Ferromeira.

Inicio liña (UTM): en paso aerosubterráneo do apoio nº 5 tipo AC-FL 9000/18 de liña existente, LMT punto fronteira UDESA en Cerceda a CT Portofranco (expediente 2002/371).

Final liña (UTM): en apoio nº 0 (UTM 543.600; 4.779.915) de liña existente, LMT Cerceda-A Silva) (expediente IN407A 2007/488) despois de realizar entrada e saida no novo CTC Ferromeira.

Lonxitude: 548 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al).

Tensión nominal: 20 kV.

– LMT subterránea nº 2 a CTC Ferromeira.

Inicio liña (UTM): en paso aerosubterráneo do apoio nº 5 tipo AC-FL 9000/18 de liña existente, LMT punto fronteira UDESA en Cerceda a CT Portofranco (expediente 2002/371).

Final liña (UTM): en cela de liña existente no centro de seccionamento de Malasa (expediente REIG 15/030136) de liña existente LMT Cerceda-A Silva) (expediente IN407A 2007/488) despois de realizar entrada e saída nos centros de seccionamento de termólise (REIG 15/030605), SEMCOR 3000 (REIG 15/020540), lavandaría (REIG 15/031028) e despois de realizar entrada e saída no novo CTC Ferromeira.

Lonxitude: 942 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al).

Tensión nominal: 20 kV.

– Centro de transformación caseta Ferromeira.

Tipo: edificio prefabricado de formigón.

Illamento: aceite mineral.

Potencia: 100 kVA.

Relación de transformación: 20/0,4 kV.

– Saídas de baixa tensión.

Orixe: CTC proxectado Ferromeira.

Lonxitude: 24 m.

Condutor: XZ1-0,6/1kV-4 (1×240 Al)

Nº circuítos: 2.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 2 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña