Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43696

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2013 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos de enerxías renovables, con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, incluídos na convocatoria efectuada mediante a Resolución do 9 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 76, do 16 de abril).

Antecedentes.

1. Na referida Resolución do 9 de abril de 2013, pola que se estableceron as bases reguladoras e se anunciou a convocatoria de subvencións para este exercicio a proxectos de enerxías renovables (en diante, bases reguladoras), establécese a posibilidade de solicitar axudas –entre outras– nas seguintes tecnoloxías previstas no seu anexo I:

Concepto

Código

procedemento

Enerxía solar térmica

IN421A

Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas

IN421C

Caldeiras de biomasa

IN421D

2. Tendo en conta o carácter dinámico que se outorga ao procedemento administrativo de concesión, unha vez confirmada a reserva de fondos e a posterior presentación en prazo das solicitudes xa formalizadas, verificouse que tanto a súa documentación coma os proxectos técnicos cumpren cos requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Consideracións legais.

1. O Departamento de Secretaría e Servizos Xerais do Instituto Enerxético de Galicia será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións, e corresponde ao director deste organismo ditar as diferentes resolucións que deriven del (artigo 12.1 das bases reguladoras).

2. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Con carácter xeral, non se enviarán notificacións postais e, de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, no caso das resolucións de concesión poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Inega (www.inega.es). Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, os beneficiarios, as cantidades concedidas e a finalidade das subvencións outorgadas. Coa publicación no DOG poderán remitirse os beneficiarios a que consulten a información detallada da resolución a través do taboleiro electrónico de anuncios habilitado para estes efectos na referida páxina web.

3. A concesión das subvencións efectuarase respectando a rigorosa orde de reserva de fondos realizada a través da aplicación informática, e logo de presentar a solicitude e a totalidade da documentación administrativa e técnica prevista no artigo 7.5 das bases reguladoras, sen prexuízo da posterior revisión pola comisión técnica de tales documentos, que podería dar lugar, se é o caso, á modificación da axuda na resolución de concesión (artigos 7.1.a) e 10 das bases reguladoras).

4. As presentes axudas contan con financiamento procedente do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 52 %, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 40 e 41.

5. Neste procedemento só se teñen en conta aqueles feitos, alegacións ou probas aducidos polos propios interesados.

6. Para determinar o importe do investimento subvencionado ou custo elixible e fixar a contía máxima de axuda, atendeuse aos criterios recollidos no anexo I das bases reguladoras («Normas por tecnoloxía aplicada»).

7. Salvo naqueles supostos en que os beneficiarios son particulares ou institucións que non desenvolven actividades económicas que repercutan en terceiros, observouse o disposto no artigo 23 e concordantes do Regulamento (CE) número 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE (DOUE L 214, do 9.8.2008), concretamente para a seguinte categoría exenta: axudas ao investimento para a protección do ambiente destinadas á promoción de enerxía procedente de fontes de enerxía renovables.

8. Tal e como dispón o artigo 14 das bases reguladoras, todas as axudas concedidas implican a aceptación por parte dos seus destinatarios para seren incluídos na lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) da Comisión, do 8 de decembro de 2006 (DOUE L 371, do 27 de decembro).

Así mesmo, como beneficiarios de axudas que contan con financiamento comunitario, deberán cumprir coas obrigas de información e publicidade establecidas nos artigos 8 e 9 do citado regulamento, e no artigo 1, puntos 1) e 2) do Regulamento (CE) da Comisión, do 1 de setembro de 2009 (DOUE L 250, do 23 de setembro).

De acordo con todo o anterior, e dentro do prazo previsto no artigo 13 das bases reguladoras, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.A2.733A.781.7/08.A2.733A.771.8/08.A2.733A.781.1 e 08.A2.733A.771.6, nas distintas tipoloxías que aparecen recollidas no anexo desta resolución.

Segundo. Todos os beneficiarios poderán obter a información detallada dos requisitos da subvención concedida, accedendo ao taboleiro electrónico a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es), na epígrafe «Axudas a instalacións enerxías renovables 2013».

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 16 das bases reguladoras, se transcorresen dez (10) días hábiles desde a publicación desta resolución no DOG sen que os interesados que figuran no anexo comunicasen expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que aceptan, e desde ese momento adquirirán a condición de beneficiarios.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo da cidade de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou notificación, de acordo co previsto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Con carácter previo e potestativo, poderase interpor recurso administrativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes contado do mesmo xeito, tal e como dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO
Subvencións concedidas

IN421A - Grupo I: enerxía solar térmica (eixe 4, medida 40).

Beneficiarios: familias e institucións sen ánimo de lucro.

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.781.7.

Código
solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421A/13R541

53162043G

Lucas Segui Lendoiro

3.076,00

1.075,23

IN421A/13R562

32668407N

Javier González Rodríguez

2.376,00

1.867,68

IN421A/13R564

34192530V

Divina Ferreiro Batán

4.735,00

1.467,09

IN421A/13R575

33820962Z

Néstor Sampedro López

1.500,00

459,27

IN421A/13R587

32278586H

Manuel Díaz Vázquez

2.434,00

1.612,89

IN421A/13R601

76999531Q

Carlos González Estévez

1.920,70

849,00

IN421C - Grupo III: enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas (eixe 4, medida 40).

Beneficiarios: empresas privadas.

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.771.8.

Código
solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421C/13R102

B36271559

Mendoza Touriño, S.L.

25.344,00

12.672,00

IN421C/13R169

B27424084

Laserlucus, S.L.U.

21.475,35

6.120,00

IN421C/13R190

B36537124

Panadería Altamira, S.L.

23.800,00

6.900,00

IN421C/13R191

V36487320

SAT Saa núm. 1270 Xuga

16.700,00

6.900,00

IN421C/13R205

B36045441

Consulting de Ingeniería e Instalaciones, S.L.

20.800,00

3.672,00

IN421C/13R219

33274331R

Sara Miras Vilares

10.595,00

3.528,00

IN421C/13R222

B27003391

Industrias Losal, S.L.

40.500,00

12.096,00

IN421C/13R224

B32184269

Supermercados Marsel, S.L.

54.000,00

14.400,00

IN421C/13R234

B32429128

Cárnicas Milucho e Hijos, S.L.

15.612,50

6.000,00

IN421C/13R235

B36947232

Inmobiliaria Varela Cartera, S.L.

21.050,75

6.615,00

IN421C/13R242

B36776532

Altagra, S.L.U.

44.533,00

12.096,00

IN421C/13R261

A36013340

Barlovento, S.A.

68.016,00

20.000,00

IN421C/13R264

B27015429

Granjas Campomayor, S.L.

79.200,00

20.000,00

IN421C/13R268

A36124956

Aelsa, S.A.

48.756,00

20.000,00

IN421C/13R277

A36700938

Hevago, S.A.

38.016,00

12.672,00

IN421D - Grupo IV: caldeiras de biomasa (eixe 4, medida 41).

Beneficiarios: familias e institucións sen ánimo de lucro.

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.781.1.

Código

solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421D/13R613

44463401P

Florindo José González González

8.720,00

1.578,00

IN421D/13R1550

33789348W

María Albina Pita Pérez

6.373,64

1.992,00

IN421D/13R1564

32263235P

Salvador Martínez Barros

3.303,55

600,00

IN421D/13R1695

32693299H

María Celestina Ramos Gómez

7.330,00

1.600,00

IN421D/13R1701

34615753V

Antonio Pérez Domínguez

5.901,05

1.992,00

IN421D/13R1712

35458585Z

José Manuel Diéguez García

3.798,00

1.550,00

IN421D/13R1724

76555838Q

Feliciano García Carreiras

4.950,00

1.992,00

IN421D/13R1751

33336510B

Gemma María Freire Rielo

5.053,00

1.200,00

IN421D/13R1776

34888074H

José Manuel Queijas Pallas

6.491,00

1.992,00

IN421D/13R1801

76503030Q

Otilia Blanco Ourille

3.798,00

1.250,00

IN421D/13R1813

76708015W

Susana Vázquez Dorado

5.830,00

2.030,00

IN421D/13R1818

01396419C

María Teresa Bermúdez de la Puente González del Valle

4.000,00

1.992,00

IN421D/13R1837

32607692V

Juan Carlos Rodríguez Sixto

10.263,00

2.800,00

IN421D/13R1844

35509241R

José Cendón Cendón

4.900,00

2.000,00

IN421D/13R1877

76581382F

Milagros Pérez Iglesias

12.000,00

2.125,00

IN421D/13R1880

34279392P

Indhira Buenaventura Félix Taveras

6.433,00

1.494,00

IN421D/13R1886

33304883D

Paulino Parga Airado

4.172,00

1.475,00

IN421D/13R1921

76674315C

María Rodríguez González

4.930,00

1.385,00

IN421D/13R1933

33504035G

Beatriz Cuenca Valera

6.900,00

2.500,00

IN421D/13R1934

10044533L

Adoración Franco Diéguez

5.158,02

1.200,00

IN421D/13R1963

52472124Q

Manuel Picallo Rey

4.700,00

880,00

IN421D/13R1979

33240350Z

Dolores Noya López

12.873,00

2.400,00

IN421D/13R1993

32278586H

Manuel Díaz Vázquez

2.060,00

482,69

IN421D/13R2020

34252895F

Rogelio Díaz Mariño

5.059,00

1.992,00

IN421D/13R2026

32817296E

Margarita Pazos Barcala

11.067,00

1.725,00

IN421D/13R2029

33291340J

Ana María Pascual Montes

3.475,00

1.140,59

IN421D/13R2030

33793664V

Jesús Nodar Rodríguez

8.718,00

1.992,00

IN421D/13R2043

34644534W

José Barazal Vaz

5.440,00

2.400,00

IN421D - Grupo IV: caldeiras de biomasa (eixe 4, medida 41).

Beneficiarios: empresas privadas.

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.771.6.

Código

solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421D/13R124

B27395532

Abeiro Gold, S.L.

148.391,00

25.900,00

IN421D/13R1842

B15648223

Alcomte Galicia, S.L.

5.943,62

2.400,00