Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43779

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de convocatoria para a adxudicación do contrato de servizos de redacción do Plan especial do polígono industrial David Ferrer Garrido.

De conformidade co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión de 30 de outubro de 2013, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de servizos de redacción do Plan especial do polígono industrial David Ferrer Garrido, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Xunta de Goberno Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría Xeral do Concello de San Cibrao das Viñas.

2) Domicilio: praza da Constitución, 1.

3) Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

4) Teléfono: 988 38 10 34.

5) Telefax: 988 38 11 01.

6) Correo electrónico: info@sancibrao.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: sancibrao.sedelectronica.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación.

d) Número de expediente: 80/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de servizos por procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

b) Descrición do obxecto: redacción do Plan especial do polígono industrial David Ferrer Garrido.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

1) Domicilio: praza da Constitución, 1.

2) Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

e) Prazo de execución/entrega: 15 meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non procede.

h) Sistema dinámico de adquisición: non procede.

i) CPV: 41410000-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non procede.

d) Criterios de adxudicación: ao abeiro do establecido nos artigos 151.1 e 160.1 do TRLCSP, para a valoración das proposicións, tanto dos criterios non cuantificables de forma automática como dos cuantificables, a Mesa de Contratación poderá solicitar cantos informes técnicos considere oportunos e, en todo caso, deberá ter en conta os criterios de adxudicación, sobre 100 puntos.

Os aspectos que se valorarán en cada criterio de adxudicación son os seguintes:

8.1. Criterios avaliables mediante un xuízo de valor: ata un máximo de 80 puntos.

8.1.1. Memoria metodolóxica: de 0 a 50 puntos.

Calidade técnica da memoria, valorada a teor do grao de definición e desenvolvemento dos traballos que se van realizar, o enfoque e metodoloxía proposta para o desenvolvemento destes. A memoria deberá incluír, como anexo, un avance do Plan especial do polígono industrial do Concello de San Cibrao das Viñas tanto en soporte papel como en soporte informatizado (CD ou DVD), con cartografía básica actualizada, con contido equivalente a un documento de inicio. Valorarase a planificación, metodoloxía e contidos do traballo de planeamento que se vai realizar, de xeito desagregado para as siguientes fases ou elementos do traballo:

a) Valoración do documento de avance ou inicio: ata 40 puntos.

b) Definición de criterios, estratexias e propostas para a redacción do documento: ata 5 puntos.

c) Calidade de presentación da documentación: ata 5 puntos.

Na memoria anteriormente citada dos traballos a realizar referidos deberá poder coñecerse o alcance dos traballos demostrando o coñecemento da zona e a problemática do traballo que se vai realizar, axustándose ás prescricións do prego técnico e propoñendo no seu desenvolvemento, a ampliación ou concreción de todos aqueles aspectos que o licitador considere de interese para cumprir mellor os obxectivos do traballo. A memoria técnica deberase entregar en papel dentro do sobre correspondente e tamén dixitalizada para as análises correspondentes. Tendo en conta que debe ser dunha dimensión e características similares a un documento de inicio xa que no seu día o Plan especial do polígono industrial do Concello de San Cibrao das Viñas deberá ser sometido a avaliación ambiental estratéxica polo licitador. Deberá facerse constar a documentación e tramitación que conleva.

8.1.2. Composición, pluridisciplinariedade e experiencia do equipo profesional redactor: de 0 a 20 puntos.

A valoración efectuarase respecto dos seguintes elementos e aspectos da actuación:

a) Equipo: valoración da composición interna do equipo conformado para a execución do traballo. Valorarase especialmente que pertenzan á estrutura empresarial do licitador. O equipo deberá estar dirixido por un técnico de grao superior (arquitecto ou enxeñeiro) con experiencia en planeamento urbanístico, cunha relación laboral ou contractual estable na estrutura empresarial do licitador, anterior á presente licitación e, deberá contar cun equipo mínimo que conte cos seguintes profesionais:

Arquitecto, enxeñeiro de camiños, canles e portos, e licenciado.

A valoración do equipo mínimo será de 5 puntos. Outorgarase 0 puntos por este concepto aos licitadores que non acrediten a composición interna ou experiencia do equipo responsable da execución do traballo, ou o fagan de xeito insuficiente.

A empresa ofertante poderá incluír a maiores do equipo mínimo os técnicos que considere oportunos, para a avaliación destes técnicos terase en conta o seguinte:

Asignarase 1 punto por cada técnico superior engadido ao equipo mínimo antes citado, e 0,50 puntos por cada técnico medio engadido ao equipo mínimo, sempre que se acredite a súa inserción na estrutura ou actividade empresarial do licitador e se estableza unha relación directa entre titulación e obxecto do traballo, especificando neste caso a súa participación no documento correspondente do plan especial. (Máximo 5 puntos).

b) Experiencia conxunta do equipo: acreditación da realización de traballos de planeamento realizados de forma conxunta nos últimos 10 anos (2003-2013), polo maior número de persoas responsables da execución do contrato dentro da estrutura empresarial: ata 10 puntos. A acreditación da realización dos traballos de planeamento efectuarase mediante certificados emitidos ou visados polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, de ser un suxeito privado, por medio de certificado ou declaración do empresario nos termos sinalados na letra a) do artigo 78 do TRLCSP. Deberá incluirse no sobre a documentación acreditativa dos aspectos referidos cos certificados de boa execución de traballos de planeamento.

8.1.3. Melloras: de 0 a 10 puntos. Melloras que ofertará o licitador e que, no caso de adxudicación, se considerarán prestacións obrigatorias do contrato.

O xeito de acreditación do persoal a que fai referencia o punto 8.1.2.a) anteriormente citado efectuarase a través dunha táboa en que constará o nome e apelidos, titulación, especialidade, anos de experiencia, especificando se se trata de persoal do cadro de persoal da empresa ou se existe unha colaboración ou a través dun medio que acredite a disposición efectiva do persoal mencionado. A totalidade do persoal referido deberá acreditarse que dispoña de experiencia en realización de traballos de planeamento xeral e planeamento de desenvolvemento urbanístico.

Será rexeitada toda oferta que na valoración final non obteña unha puntuación igual ou superior, no seu conxunto, a 60 puntos.

Toda vez que na licitación se atribúe aos criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas unha ponderación inferior á correspondente aos criterios cuxa cuantificación dependa dun xuízo de valor, constituirase un comité que conte cun mínimo de tres membros, formado por expertos non integrados no órgano propoñente do contrato e con cualificación apropiada, ao que corresponderá realizar a avaliación das ofertas conforme a estes últimos criterios, sendo o comité referido o seguinte:

– Un arquitecto nomeado pola Alcaldía.

– Un técnico superior nomeado pola Deputación Provincial de Ourense.

– Un técnico superior nomeado pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

A avaliación das ofertas conforme os criterios cuantificables mediante a mera aplicación de fórmulas realizarase tras efectuar previamente a daqueloutros criterios en que non concorra esta circunstancia, deixándose constancia documental.

8.2. Criterios avaliables mediante fórmulas ou porcentaxes: ata un máximo de 20 puntos.

8.2.1. Prezo valorable de 0 ata 10 puntos. A fórmula para a valoración da oferta será a seguinte:

Puntos oferta que se van valorar = 10 × (oferta mínima/oferta que se vai valorar).

Oferta mínima = prezo presentado pola oferta más baixa.

Oferta que se vai valorar = prezo presentado pola oferta en valoración.

8.2.2. Prazo valorable de 0 ata 10 puntos. Valorarase a baixa no prazo ofertado puntuando 0 ás ofertas que non oferten baixa nos prazos estipulados para a redacción do contrato obxecto do presente prego, e 10 puntos á oferta que realice a baixa máis alta das presentadas, ás restantes ofertas presentadas calcularáselles os puntos proporcionalmente.

Incorrerán en baixa anormal ou desproporcionada as proposicións económicas inferiores ou iguais ao 90 % da media aritmética das ofertas aceptadas.

Cando se identifique algunha proposición que poida ser considerada desproporcionada ou anormal conforme o establecido nos parágrafos anteriores, debera darse audiencia ao licitador que a presentou para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións. Analizada a xustificación efectuada, de ser o caso, polo licitador e emitidos os informes pertinentes, se se considera que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión nela de valores anormais ou desproporcionados, a proposición quedará excluída da clasificación de ofertas e do procedemento de adxudicación. Tamén resultará excluído o licitador que non contestase ao requirimento da información xustificativa solicitada ou remitise información que se considere insuficiente.

4. Valor estimado do contrato: 175.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 175.000,00 euros. Importe total: 211.750,00 euros.

6. Garantía exixidas.

Provisional: 3 % do orzamento de licitación.

Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo, categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional, se é o caso:

Medios de proba e criterios de solvencia económica e financeira.

De conformidade co disposto no artigo 75.1 do TRLCPS, acreditarase mediante un dos seguintes medios:

• Declaración apropiada dunha entidade financeira, en que esta se pronuncie expresamente sobre a solvencia económica e financeira da empresa licitadora para a realización do obxecto contractual.

• Xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, vixente á data de remate do prazo de presentación de proposicións, en que quede acreditado que o licitador ten suscrito o dito seguro cunha entidade aseguradora por un capital equivalente ao importe do orzamento base de licitación sen IVE.

No caso de que o licitador opte polo seguro de indemnización por riscos profesionais e o dito seguro non se estenda á totalidade do prazo de execución do contrato, deberá presentar, ademais da póliza correspondente, un documento, debidamente asinado, no cal se reflicta o compromiso, no suposto de resultar o licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa, de que a vixencia do seguro comprenderá a totalidade do prazo de duración do contrato.

A documentación acreditativa da solvencia económica ou financeira deberá presentarse en orixinal ou copia autenticada.

Medios de proba e criterios de solvencia técnica.

De acordo co establecido no artigo 78 do TRLCSP acreditarase mediante os seguintes medios:

• Servizos similares: unha relación, selada e asinada, dos servizos ou traballos análogos ou similares ao obxecto da presente contratación, realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles. Os servizos ou traballos acreditaranse:

– Cando o destinatario sexa unha entidade do sector público, mediante certificacións expedidas ou visadas polo órgano competente.

– Cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante unha certificación expedida por este, ou a falta desta certificación, mediante unha declaración do licitador.

O citado período de tres anos abranguerá:

– Respecto do ano 2010, desde o día equivalente ao seguinte ao de finalización do prazo de presentación de proposicións e ata o 31/12.

– Os anos 2011 e 2012 completos.

– E o período transcorrido do ano 2013 ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

Para os efectos de valoración da súa relación ou non co obxecto correspondente á presente contratación, deberán estar correctamente identificados os respectivos obxectos dos traballos referidos.

• As titulacións académicas e profesionais, debidamente compulsadas, do equipo de traballo responsable da execución do contrato.

• Indicación do persoal técnico, integrado ou non na empresa, participante no contrato.

A relación de persoal que intervirá no contrato presentarase nunha táboa adxunta. No caso do persoal non propio, posto á disposición por parte dunha empresa colaboradora ou profesional autónomo, acreditarase a súa participación mediante compromiso de colaboración por parte da empresa ou profesional autónomo colaborador, especificando no citado compromiso o cadro de persoal posto á disposición.

A experiencia laboral acreditarase de forma individualizada para cada membro do equipo do que se acredite a experiencia, e será asinada por este.

A documentación acreditativa da solvencia técnica ou profesional deberá vir debidamente asinada polo representante da empresa. No caso de xustificar mediante certificacións, estas presentaranse en orixinal ou copia auténtica.

c) Outros requisitos específicos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP e no perfil do contratante (última publicación).

b) Modalidade de presentación: a que se sinala na cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

1) Dependencia: Rexistro Xeral.

2) Domicilio: praza da Constitución, 1.

3) Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

4) Enderezo electrónico: info@sancibrao.es

e) Admisión de variantes: non procede.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura da proposición.

9. Apertura de ofertas: o acto de apertura de proposicións sobre B terá lugar nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa. Este acto será publicado e a determinación do día e hora realizarase mediante anuncio no perfil do contratante (sancibrao.sedelectronica.es). A apertura das ofertas económicas (sobre C) realizarase unha vez valorados os criterios non cuantificables automaticamente. O acto igualmente será público e anunciarase no perfil do contratante.

a) Enderezo: Concello de San Cibrao das Viñas.

c) Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

d) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

San Cibrao das Viñas, 30 de outubro de 2013

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde