Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43788

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de información pública (expediente 68/2012).

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase, por instancia de Antonio Filgueira Boullosa, a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total de taller de vehículos en nave na Ramalleira, 8 (Santa Comba de Bértola).

De acordo co proxecto técnico presentado de recoñecemento da actividade indicada, e cumprindo co preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 de la Lei 30/1992, ábrese un período de información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG e no BOP de Pontevedra, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende legalizar poidan examinar o expediente e facer, de ser o caso, as alegacións pertinentes.

Vilaboa, 15 de outubro de 2013

José Luis Poceiro Martínez
Alcalde