Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43789

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca a licitación pública para a subministración e distribución dun milleiro de composteiros con motivo da ampliación e reforzo do programa de compostaxe doméstica de Sogama en distintos puntos xeográficos da Comunidade Autónoma de Galicia (NC 0014/2013) e a solicitude de ofertas e adxudicación da venda do aluminio procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Ambiental de Cerceda (NC 0016/2013).

Data límite para a presentación das ofertas: 22 de novembro de 2013, ás 13.00 horas.

Data de apertura sobre B: 3 de decembro de 2013, ás 11.00 horas.

O prego de concurso poderán retirarse a partir desta data en:

– www.sogama.es, epígrafe de Perfil do contratante.

– Oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187, A Coruña.

– www.contratosdegalicia.es.

Solicitude de ofertas e adxudicación da venda do aluminio procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do complexo ambiental de Cerceda (NC 0016/2013).

Data límite para a presentación das ofertas: 22 de novembro de 2013 ás 13.00 horas.

Data de apertura sobre B: 3 de decembro de 2013, ás 11.30 horas.

O prego de concurso poderán retirarse a partir desta data en:

– www.sogama.es, epígrafe de Perfil do Contratante.

– Oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187, A Coruña

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña), teléfono: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta dos adxudicatarios.

Cerceda, 4 de novembro de 2013

Luis Lamas Novo
Presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente, S.A.