Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43778

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación, venda e alugamento de vehículos en Sanguiñeda.

Sométese a información pública o expediente 2011/552, tramitado por instancia de Nova Galicia, S.L. para a concesión dunha licenza de actividade para un taller de reparación, venda e alugamento de vehículos en Sanguiñeda, 17, na parroquia de Sanguiñeda deste municipio. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente está á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que crea convenientes.

Mos, 1 de outubro de 2013

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo