Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43777

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lourenzá

ANUNCIO de información pública sobre centro de recuperación e descontaminación na Laxe (San Xurxo de Lourenzá).

Francisco Gabriel Rivas Dasilva solicitou desta alcaldía licenza municipal para centro de recuperación e descontaminación que se situará na Laxe, 18, da parroquia de San Xurxo de Lourenzá. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lourenzá, 8 de xullo de 2013

Emma Álvarez Chao
Alcaldesa