Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43722

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2651/2013).

Secretaria: Sra. Freire Corzo.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2651/2013-CG.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 1146/2012 Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Recorrente: José Luis Méndez Varela.

Graduada social: Ana María Ferreiro Río.

Recorridos: Fogasa, empresa José Manuel Añón Vázquez, Pedro Pablo Añón Outeiro, Ana Añón Outeiro, herdanza xacente do empresario José Manuel Añón Vázquez, María Josefa Outeiro Martínez, herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez.

Avogados: María Velo Louzán, Francisca Dolores Arias Castro.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2651/2013-CG, seguido por instancia de José Luis Méndez Varela contra Fogasa, empresa José Manuel Añón Vázquez, Pedro Pablo Añón Outeiro, Ana Añón Outeiro, herdanza xacente do empresario José Manuel Añón Vázquez, María Josefa Outeiro Martínez, herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva di:

Ditaminamos que procedemos a declarar a nulidade da sentenza ditada en data 28 de febreiro de 2013 polo Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditada en autos 1146/2012, seguidos por instancia de José Luis Méndez Varela contra a empresa José Manuel Añón Vázquez, herdanza xacente do empresario José Manuel Añón Vázquez, Pedro Pablo Añón Outeiro, Ana Añón Outeiro, María Josefa Outeiro Martínez, herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez e o Fogasa, e acordamos a retroacción das actuacións ao momento inmediatamente inferior ao ditado da sentenza de instancia para que a maxistrada que coñeceu do xuízo dite nova sentenza entrando a resolver sobre a acción de despedimento exercida e as demais cuestións formuladas polas partes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza, e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma aos herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez, actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na Rabadeira-Paiosaco, A Laracha (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 16 de outubro de 2013

A secretaria xudicial