Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43724

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3294/2011).

Secretaria: Sra. Freire Corzo.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3294/2011-MDM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 864/2010 Xulgado do Social número 1 de Ferrol.

Recorrente: Nikola Yordanov Ilchev.

Avogado: Manuel Casal Fraga.

Recorrida: Mutua Fremap.

Avogada: María Ángeles Gómez Lage.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Recorrido: Constructora Eshor, S.L.

Recorridos: Camilo Ares, S.L.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3294/2011 desta sección, seguido por instancia de Nikola Yordanov Ilchev contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Constructora Eshor, S.L., Camilo Ares, S.L. e a Mutua Fremap, sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Ditaminamos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Nicola Yordanov Ilchev contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol, de data 18 de marzo de 2011, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por a esta nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á entidade Camilo Ares, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

A secretaria xudicial