Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43099

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (917/2011).

Encarnación Tubío Lariño, secretaria xudicial substituta do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 917/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Victoria Gantes Zas contra a empresa Larin Comunicación Global, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Decido que, estimando a demanda interposta por Dolores Victoria Gantes Zas contra a empresa Larin Comunicación Global, S.L. debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir a cantidade de tres mil seiscentos euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, en tal sentido, debo condenar e condeno a empresa demandada a que, estando e pasando por tal declaración, aboe á demandante a referida cantidade, incrementada no 10 % de xuro por demora.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do E.T.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0917 11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0917 11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Larin Comunicación Global, S.L. expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

A secretaria xudicial