Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43098

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (925/2011).

Encarnación Tubío Lariño, secretaria xudicial substituta do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 925/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Díaz Prieto contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Decido que, estimando a demanda interposta por José Manuel Díaz Prieto contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de 98 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, en tal sentido, debo condenar e condeno a empresa demandada a que, estando e pasando por tal declaración, aboe ao demandante a cantidade de noventa e oito euros con corenta e tres céntimos.

E debo de absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do E.T.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

A secretaria xudicial