Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43089

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2537/2011 RJ).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2537/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 814/2007 Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrente: Hermelinda Mallo Mañana.

Avogado: José Nogueira Esmoris.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Textil Os Arapos, S.L., Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 39.

Avogada: María del Pilar Sobrino Lacruz.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2537/2011 desta sección, seguido por instancia de Hermelinda Mallo Mañana contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Textil Os Arapos, S.L., Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 39, sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante Hermelinda Mallo Mañana contra a Sentenza de data 26 de novembro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos da Coruña, nos autos número 814/2007, seguidos por instancia do demandante contra o INSS e a TXSS, a Mutua Intercomarcal e a empresa Textil Os Arapos, S.L, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Textil Os Arapos, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de setembro de 2013

A secretaria xudicial