Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43091

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (902/2012).

Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento ordinario 902/2012, seguido por instancia de Traffic Models, S.L. fronte a Basilio Méndez Alonso, ditouse senteza do teor literal seguinte:

«Sentenza 902/2012.

Vigo, 30 de setembro de 2013.

Vistos por min, Manuel Anxo Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 902/2012 se seguen por instancia de Traffic Models, S.L., representada pola procuradora Carina Zubeldia Blein e dirixida polo letrado José Ignacio Hernández Obelart, contra Basilio Méndez Alonso, declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de cumprimento contractual.

E…

Ditame.

Estimo totalmente a demanda interposta por Traffic Models, S.L. contra Basilio Méndez Alonso, e fago, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Basilio Méndez Alonso a aboarlle á entidade demandante a cantidade de 18.010,41 euros, a cal reportará, contado desde os respectivos vencementos de cada factura, unha indemnización pola demora do 8,25 %, para os vencementos que se tivesen producido no segundo semestre do ano 2011.

2º. Condeno a Basilio Méndez Alonso a pagar as custas do presente proceso.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

E atopándose o dito demandado, Basilio Méndez Alonso, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 2 de outubro de 2013

O secretario xudicial