Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43093

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (159/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 159/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Fontaíña Pardiñas contra as empresas Eurogranit, S.A., Lista Granit, S.A., Granitos de La Coruña, S.A., Control Art, S.L., Granitos y Mármoles El Port, S.L., Helat Invest, S.L., Construcciones Lista Kristensen, Fogasa, sobre despedimento, se ditou resolución con data do 9 de outubro de 2013 dirixida, entre outros, a Eurogranit, S.A. e Granitos y Mármoles El Port, S.L., contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no citado órgano xudicial.

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Eurogranit, S.A. e Granitos y Mármoles el Port, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de outubro de 2013

A secretaria xudicial