Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43088

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 outubro de 2013 pola que se nomea unha letrada do Parlamento de Galicia.

A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 14 de outubro de 2013, acordou declarar aprobada no proceso selectivo para a cobertura dunha praza por promoción interna do corpo de letrados, convocado por Resolución da Presidencia do Parlamento do 1 de agosto de 2013, a María Aneiros González (BOPG nº 180, do 16 de outubro de 2013).

Unha vez cumprido o requirido na base novena da convocatoria dese proceso selectivo, a Presidencia, conforme o establecido na base décima da convocatoria,

RESOLVE:

Nomear letrada do corpo de letradas e letrados da Administración do Parlamento de Galicia a María Aneiros González.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a Presidencia do Parlamento de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2013

Pilar Rojo Noguera
Presidenta