Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43086

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de catro postos de encargado de quenda de celadores para o Hospital Xeral.

Convocada por Resolución do 14 de xuño de 2013 (DOG nº 128, do 8 de xullo), a provisión de catro postos de encargado de quenda de celadores para o Hospital Xeral, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 106, do 5 de xuño) e da Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de catro postos de encargado de quenda de celadores para o Hospital Xeral, convocada pola Resolución do 14 de xuño de 2013.

Segundo. Nomear para os postos que se indican as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os aspirantes nomeados deberán cesar nas prazas que desempeñen, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de 15 días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 9 de outubro de 2013

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: 4 encargados de quenda de celadores para o Hospital Xeral:

Nome e apelidos: Mª Jesús Bouzón Bouzón, DNI 36083669G.

Nome e apelidos: Carlos Julio Castelaín Ballesteros, DNI 35997547V.

Nome e apelidos: Guadalupe Lareu Rodríguez, DNI 35556446X.

Nome e apelidos: Agustín López Míguez, DNI 36100721J.