Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43106

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (161/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 161/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Outeiro Mato contra a empresa Eurogranit, S.A., Lista Granit, S.A., Granitos de La Coruña, S.A., Control Art, S.L., Granitos y Mármoles El Port, S.L., Helat Invest, S.L., Construcciones Lista Christensen, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 530/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 161/2013.

Demandante: José Manuel Outeiro Mato.

Letrado: Sr. Nogueira Esmorís.

Demandados:

– Eurogranit, S.A.

– Lista Granit, S.A.

– Control Art, S.L.

– Helat Invest, S.L.

– Construcciones Lista Christensen.

Letrado: (…).

Fogasa.

Sentenza 530/2013.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

Ditame:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Manuel Outeiro Mato fronte ás empresas Lista Granit, S.A., Granitos de La Coruña, S.A., Eurogranit, S.A., Granitos y Mármoles El Port, S.L., Helat Invest, S.L., Control Art, S.L. e Construcciones Lista Christensen e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno as demandadas a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección das empresas, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste ditame. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo, sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 23.146,45 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 40,59 euros/día.

3. O Fogasa deberá pasar polo decidido na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Eurogranit, S.A. e Granitos y Mármoles El Port, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

A secretaria xudicial