Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43103

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (113/2012).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que en virtude do acordado no procedemento execución de títulos xudiciais 113/2012, por instancia de José Manuel Regueiro Parga, Eduardo Saavedra Varela, Ángel Castro Varela, Manuel Cruz Simón, Benigno Iglesias Lema, Benigno Fernández Fernández, Juan Carlos López López, Arturo Prado Losada, contra Construcciones Pedrouzo, S.L., por un principal de 215.700 euros máis 21.500 euros provisionalmente calculados para custas e xuros, polo presente anúnciase a venda en pública poxa, por termo de vinte días, dos predios que ao final se relacionan.

A poxa terá lugar o día 19 de decembro de 2013 ás 11.00 horas, na sala de audiencias da oficina xudicial, sita na rúa Armando Durán, 1, 4º, 27071 Lugo.

A certificación rexistral e, de ser o caso, a titulación sobre o inmoble ou inmobles que se poxan estarán de manifesto na oficina xudicial, sede do órgano de execución e nos lugares públicos de costume ata a data de celebración da poxa e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existen títulos, e que as cargas e gravames, se os houber, ao crédito do licitador continuarán subsistindo e que, polo único feito de participar na poxa, o licitador os admite e acepta quedar subrogado na responsabilidade derivada daqueles se o remate se adxudicar ao seu favor.

Para tomar parte na poxa os ofertantes deberán depositar previamente na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, aberta en Banesto, co número de conta 2322-0000-64-0113/12, o 30 % do valor de cada un dos predios que se sacan a poxa. Unha vez aprobado o remate, devolveranse as cantidades a aqueles que participen nesta, agás ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do órgano xudicial, para o caso de que o rematante non consignase o resto do prezo. Así mesmo, no devandito xustificante deberán consignar, se é o caso, se as cantidades ingresadas pertencen en todo ou parte a un terceiro, identificándoo axeitadamente.

Poderanse realizar ofertas por escrito desde o anuncio da poxa ata a súa realización.

Predios que se sacan a poxa:

1. Predio número 18574: urbano, casa rúa Calvo Sotelo, 7, Lugo. Superficie oitenta e catro metros cadrados. Casa de planta baixa, tres pisos e faiado de 76 m2 con patio posterior de 8 m2. Taxado en 488.000 euros.

2. Predio número 3.140: urbano, casa rúa Calvo Sotelo, 5, Lugo. Superficie, trinta e nove metros cincuenta e seis decímetros cadrados. Casa composta de planta baixa e dous pisos altos. Taxado en 277.200 euros.

3. Predio número 54470: urbano, local comercial. Avda. Carrero Blanco, 119, planta soto 2. Número de orde 2, cota tres enteiros por cen. Local no soto segundo, ocupa unha superficie aproximada de trescentos sesenta e dous metros e oitenta e tres decímetros cadrados. Taxado en 156.000 euros.

4. Predio número 95895: natureza urbana, local comercial, rúa Ramón Piñeiro, 16, portal 3, planta baixa, Lugo, número de orde 14, cota un enteiro corenta e dúas centésimas por cen. Referencia catastral número 6641112PH1664S0014KX. Local comercial número catro, situado en parte da planta baixa, da superficie aproximada de 100 m2 e forma parte deste local o de entreplanta situado sobre parte da rampla de sotos, que ocupa unha superficie aproximada de 27 m2. Taxado en 133.400 euros.

5. Predio número 49296: urbano, local avenida Carrero Blanco, s/n, planta soto, Lugo. Número de orde 1, cota cero enteiros trinta e catro centésimas por cen. Local no soto terceiro, ocupa unha superficie aproximada de douscentos metros cadrados. Taxado en 90.000 euros.

6. Predio número 83166: urbano, parcela, rúa Cortiña do Xuízo, s/n. Terreo mil douscentos metros cadrados. Linda: norte, edificio construído por Construcións Pedrouzo, S.L.; sur, camiño do Xuízo; leste, predios de José López Pérez, Antonio Escolante e Pedro Sanfiz; oeste, parte posterior dos edificios con fronte a Carrero Blanco. Parcela de terreo procedente da Cortiña do Xuízo. Taxado en 27.000 euros.

7. Predio número 57344: urbano, local, avda. da Coruña, 333, soto, Lugo. Número orde 1-sub-1, cota cero enteiros catorce centésimas por cen. Superficie útil: vinte e catro metros cadrados. Local no soto destinado a centro de transformación de enerxía eléctrica. Taxado en 11.100 euros.

8. Predio número 82393/1: rústico, parroquia Santiago de Saamasas, referencia catastral 27900A020001010000EH, polígono 0, parcela 0. Terreo tres áreas vinte e tres centiáreas. Linda: norte, Trinidad Núñez Ferreiro; sur, parcela seguinte; leste, María Díaz; oeste, José Marzán. Labradío denominado Currieiro. Taxado en 10.690 euros.

9. Predio número 53251: urbano, localización outros lugar de casas. Referencia catastral número 27900A019000040000EM Polígono 19, parcela 4, superficie cento trinta e sete metros cadrados. Linda: norte, José Otero; sur, camiño de casas; leste, Luisa Burgo; oeste, rúa Orquídea. Parcela terreo a monte. Taxado en 5.120 euros.

10. Predio número 103785: natureza urbana rocho, rúa Camiño Verde, s/n, soto/1, número de orde 23, cota cero enteiros tres centésimas por cen. Superficie útil: doce metros cincuenta decímetros cadrados. Rocho sinalado co número 4 en soto ou soto primeiro. Taxado en 3.680 euros.

11. Predio número 103915: de natureza urbana, rocho, rúa Camiño Verde, s/n, planta bc, esquina Juana la Loca, de Lugo, número de orde 88, cotas cero enteiros e tres centésimas por cen. Superficie útil oitenta e oito metros cadrados. Rocho 26 en planta de baixo cuberta. Taxado en 2.100 euros.

12. Predio número 97282: natureza urbana rocho, rúa Campos Novos, 13, planta soto, número de orde un-20, cota cero enteiros seiscentos vinte e cinco dezmilésimas por cen. Superficie construída catro metros, noventa decímetros cadrados. Rocho número 7 no soto ou soto segundo. Taxado en 1.709 euros.

E en cumprimento do acordado, expido este edicto.

Lugo, 10 de outubro de 2013

O secretario xudicial