Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43109

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1112/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1112/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Rey Suárez, contra a empresa Diseño y Servicios Gráficos, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 541/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación cantidade 1112/2011.

Demandante: Marta Rey Suárez.

Letrado: Sr. Méndez Sanjurjo.

Demandado: Diseño y Servicios Gráficos, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza 541/2013.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

Ditame.

Estimo a demanda formulada por Marta Rey Suárez fronte a Diseño y Servicios Gráficos, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle á primeira a suma de 24.922,92 euros en concepto de salarios debidos, así como o 10 % de xuro por demora, debendo pasar o Fogasa pola presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, o xuíz de reforzo dos xulgados do Social da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Diseño y Servicios Gráficos, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

A secretaria xudicial