Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 9 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica a varios propietarios as resolucións dos recursos de alzada contra o Acordo da zona de concentración parcelaria de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña), por ser devoltas polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase aos interesados que se sinalan nos anexos deste anuncio as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra o Acordo da zona de concentración parcelaria de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña), por seren devoltas polo servizo de Correos.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO 1

Expediente: resolución do recurso de alzada.

Interesado: Celestino López Sardina.

Último enderezo coñecido: r/ Prioriño, nº 21, 15405 Ferrol (A Coruña).

Acto notificado: desestimar o recurso de alzada interposto por Celestino López Pita (propietario nº 1052) contra o Acordo de concentración parcelaria da zona Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña).

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 43 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e cos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

ANEXO 2

Expediente: resolución do recurso de alzada.

Interesada: Mª del Carmen Dasantes García.

Último enderezo coñecido: r/ Inferniño, nº 13, 15, 8º C, 15403 Ferrol (A Coruña).

Acto notificado: estimar o recurso de alzada interposto por Cipriano Feal Rodeiro (propietario nº 2335) contra o Acordo de concentración parcelaria da zona Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol, A Coruña), no senso de:

«– Modificar a configuración xeométrica dos seguintes predios do polígono 1 do Acordo:

• Predio nº 181, do propietario nº 1622 (Ubaldo Rodríguez Servia e outra) que quedaría cunha superficie de 598 m2 e 251,34 puntos de valor.

• Predio nº 182, do propietario nº 2335 (Cipriano Feal Rodeiro) que quedaría con 1.201 m2 e 502,65 puntos de valor.

• Predio nº 183, do propietario nº 386 (descoñecidos) na cal non varía a superficie total nin a distribución por cultivos, aínda que si o fai a súa configuración, quedando cunha superficie de 513 m2 (L5) e 230,85 puntos de valor.

• Predio nº 184, do propietario nº 404 (Jesús Díaz Cereijo) que mantén a mesma superficie e distribución de cultivos, aínda que varía a súa configuración, e queda cunha superficie de 844 m2 (L5) e 379,80 puntos de valor.

• Predio nº 185, do propietario nº 3000 (masa común) que quedaría cunha superficie de 3.181 m2 (2.263 L5 e 918 L6) e 1.321,29 puntos de valor. [...]».

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 43 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e cos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

ANEXO 3

Expediente: resolución do recurso de alzada.

Interesado: José Montero Pantín.

Último enderezo coñecido: Sedes, 15407 Narón (A Coruña).

Acto notificado: estimar o recurso de alzada interposto por José Montero Patín (propietario nº 1223) contra o Acordo de concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol, A Coruña), no seguinte senso:

a) Atribuír ao propietario nº 1223 (José Montero Pantín) o predio nº 597 do polígono 2 do Acordo con 407 m2 de superficie e 135,03 puntos de valor.

b) Detraer ao propietario nº 1223 o predio nº 596 da súa ficha de atribucións e incorporalo na ficha de atribucións do propietario nº 3000 (masa común) cunha cabida de 429 m2 e 141,57 puntos de valor.

c) Modificar a configuración xeométrica e a cabida do predio nº 595 do polígono 2 do Acordo (do propietario nº 386, descoñecidos), que queda con 349 m2 e un valor de 157,05 puntos.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 43 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e cos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

ANEXO 4

Expediente: resolución do recurso de alzada.

Interesado: Santiago Cobelo Fernández.

Último enderezo coñecido: r/ Magdalena, nº 135, 15402 Ferrol (A Coruña).

Acto notificado: estimar o recurso de alzada interposto por Paloma Teresa Álvarez Cela en representación de Paloma Teresa Álvarez Cela e outro (propietarios nº 2489) contra o Acordo de concentración parcelaria da zona Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol, A Coruña), no seguinte senso:

a) Modificar e dilixenciar a documentación das bases definitivas corrixindo o erro detectado nas planimetrías das parcelas números 750 e 751 do polígono 5-1 (dos propietarios nº 2489, Paloma Teresa Álvarez Cela e outro), que queda do seguinte xeito:

• A parcela nº 750 cunha superficie de 388 m² de M3.

• A parcela nº 751 cunha superficie de 139 m² de M3.

b) Modificar o Acordo de concentración parcelaria do seguinte xeito:

1) Eliminar o tramo de camiño que discorre polo leste do predio nº 371, quedando a súa superficie integrada nese predio, ao mesmo tempo que se varía, tal e como se reflicte en planos, a configuración do citado predio, de maneira que se axuste á realidade das parcelas achegadas polo propietario nº 2489 e pasando a contar cunha superficie de 835 m² e un valor de 277,17 puntos.

Como consecuencia do anterior, o predio nº 374 do propietario nº 1601 (José Rodríguez Quintián) queda cunha superficie de 2.177 m² e un valor de 990,24 puntos.

2) Variar, tal e como se reflicte en planos, a configuración dos predios números 345, 346, 347 e 374, que quedan do seguinte xeito:

• Predio nº 345 do propietario nº 318 (Santiago Cobelo Fernández) cunha superficie de 480 m² e un valor de 240,21 puntos.

• Predio nº 346 do propietario nº 750 (Francisco Freire Ramos) cunha superficie de 2.236 m² e un valor de 1.210,92 puntos.

• Predio nº 347 do propietario nº 386 (descoñecidos) cunha superficie de 2.807 m² e un valor de 926,31 puntos.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 43 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e cos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

ANEXO 5

Expediente: resolución do recurso de alzada.

Interesado: Tomás Mosquera Santos.

Último enderezo coñecido: Pavillón dos Deportes, s/n, Lugo.

Acto notificado: estimar o recurso de alzada interposto por Eduardo Mosquera Santos en representación de Tomás Mosquera Santos e outros (propietarios nº 2054) contra o Acordo de concentración parcelaria da zona Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol, A Coruña) no senso de:

«– Modificar a configuración xeométrica do predio nº 1873 do polígono 6 do Acordo (do propietario nº 2054, Tomás Mosquera Santos e outros) que queda cunha superficie de 2.836 m² e un valor de 1.946,39 puntos de valor.

– Modificar a configuración xeométrica do predio nº 1874 (da propietaria nº 266, María del Carmen Castiñeira Rodríguez), que queda cunha superficie de 2.156 m² e un valor de 1.475,08 puntos.

– Dar de baixa na ficha de atribucións do propietario nº 3000 (masa común) o predio nº 848 do polígono 2 do Acordo para dalo de alta na ficha da propietaria nº 266 (María del Carmen Castiñeira Rodríguez) cunha superficie de 387 m² e un valor de 348,30 puntos, compensando a perda de valor que sofre no seu predio nº 1874. [...]».

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 43 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e cos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

ANEXO 6

Expediente: resolución do recurso de alzada.

Interesado: José Santalla Veiga.

Último enderezo coñecido: Mandiá, 15595 Ferrol (A Coruña).

Acto notificado: estimar parcialmente o recurso de alzada interposto por Juan Manuel Veira Sánchez (propietario nº 1923) contra o Acordo de concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol, A Coruña), no seguinte senso:

«– Modificar no expediente o domicilio do recorrente, que pasa a ser Cha, nº 3, Mandiá, 15565 Ferrol (A Coruña).

– Sinalar nos planos do Acordo de concentración parcelaria os dous mananciais existentes no predio nº 3572 e o depósito encravado no predio nº 3573 do polígono 11.

– Establecer, e sinalar nos planos, unha servidume de paso de tres metros (3 m) de largo sobre o predio nº 3573 para acceder ao depósito encravado nela.

– Sinalar a condución soterrada que conduce a auga desde os mananciais ata o depósito e deste cara ao depósito de repartición situado no predio nº 3581. [...]».

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 43 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e cos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

ANEXO 7

Expediente: resolución do recurso de alzada.

Interesada: Carmen López Fernández.

Último enderezo coñecido: Marmancón, s/n, 15595 Ferrol (A Coruña).

Acto notificado: estimar parcialmente o recurso de alzada interposto por Enrique Lorenzo Carneiro propietario nº 1091 no seu propio nome e en representación de José Santiago Montero e outros (propietarios nº 1722), contra o Acordo de concentración parcelaria da zona Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña), no sentido de:

– Modificar a configuración xeométrica dos predios números 1443 e 1446 do polígono 5 do Acordo, de xeito que o depósito de auga quede dentro deste último:

• Atribuír ao propietario nº 1073 (Gonzalo López Saavedra) o predio nº 1443 con 1.436 m² e un valor de 748,00 puntos.

• Atribuír aos propietarios nº 1722 (José Santiago Montero e outros) o predio nº 1446 con 331 m² e un valor de 109,23 puntos.

– Agrupar a superficie e o valor do predio nº 1428 (que desaparece do expediente e se dá de baixa nas atribucións do propietario nº 3000, masa común) no predio nº 1429 (do propietario nº 1091, Enrique Lorenzo Carneiro), e queda todo o conxunto co nº 1429, unha superficie de 4.134 m² e un valor de 1.782,43 puntos.

– Dividir en dous o predio nº 1263 do polígono 4 do Acordo (do propietario nº 1091, Enrique Lorenzo Carneiro), que queda:

• O nº 1263-1 para o propietario nº 1091 (Enrique Lorenzo Carneiro) cunha superficie de 9.224 m² e un valor de 3.043,92 puntos.

• O nº 1263-2 para o propietario nº 3000 (masa común) cunha superficie de 6.781 m² e un valor de 2.237,73 puntos.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 43 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e cos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

ANEXO 8

Expediente: resolución do recurso de alzada.

Interesada: Elisa Álvarez Vilela.

Último enderezo coñecido: Covas, O Muíño do Vento, 15594 Ferrol (A Coruña).

Acto notificado: desestimar o recurso de alzada interposto por Elisa Álvarez Vilela, propietaria nº 2067, contra o Acordo de concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña).