Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en expedientes sancionadores.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar sito na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 15 de outubro de 2013

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0085/2013-VNA.

Denunciado: Miguel Sieiro Valle.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0122/2013-VNA.

Denunciado: Jesús López Vázquez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0131/2013-IO.

Denunciado: Manuel Martínez Besada (Hdros.)

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0143/2013-BIO.

Denunciada: Inrola, S.L.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0148/2013-IO.

Denunciado: José Antonio Cacabelos Soutullo.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0149/2013-IO.

Denunciada: Oliva Gold, S.L.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0150/2013-IUL.

Denunciada: Aurora González Rey.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0175/2013-BIO.

Denunciado: Celso Pérez González.

Acto de notificación: proposta de resolución.