Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 17 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no procedemento de reintegro e perda do dereito ao cobramento parcial da axuda relativa ao expediente de subvención número 36/10/046 (Orde do 29 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2009, modificada pola Orde do 19 de febreiro de 2010, e a Orde do 15 de marzo de 2010 pola que se convocan para o ano 2010 as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, notifícase o interesado, que se sinala no anexo deste anuncio, o acordo de inicio dun procedemento para declarar o reintegro e a perda do dereito ao cobramento parcial da axuda relativa ao expediente de subvención número 36/10/046 (Orde do 29 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2009, modificada pola Orde do 19 de febreiro de 2010, e a Orde do 15 de marzo de 2010 pola que se convocan para o ano 2010 as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia).

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia, na dependencia da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao data de finalización do prazo.

Concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2013

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar o reintegro e a perda do dereito ao cobramento parcial da axuda relativa ao expediente de subvención número 36/10/046.

Interesado: José Bermúdez Outón.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: rúa das Trompas, 9, 1º esquerda, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).