Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de prórroga de servizo para o control e asesoramento á explotación das instalacións de depuración de augas residuais de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade á actuación que a continuación se relaciona en previsión do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: administrativo de prórroga de servizo.

Tramitación: ordinaria.

2) Obxecto do contrato: servizo.

Descrición: control e asesoramento á explotación das instalacións de depuración de augas residuais de Galicia.

Número de expediente: OH.388.299.SV.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1.

Medio e data de publicación da previsión da prórroga: nos anuncios de licitación (DOG núm. 77, do 19 de abril de 2011; BOE núm. 103, do 30 de abril de 2011, e DOUE núm. S71, do 12 de abril de 2011).

Data de aprobación da prórroga: 27 de setembro de 2013.

Importe da prórroga: importe neto: 382.994,31 euros. Importe total: 463.423,12 euros.

Data de formalización do contrato: 1 de outubro de 2013.

Contratista: Enxeñeiros e Arquitectos Consultores Idom, S.A.

3) Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2) anterior cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario ou medida 46: tratamento de auga (auga residual), actuación 3.46.5: actuacións (obras, estudos e proxectos de investigación) encamiñadas á mellora do rendemento da depuración actual en instalacións xa existentes, utilizando novas metodoloxías ou optimizando as existentes, co fin de asegurar a eliminación eficiente dos contaminantes, contribuíndo á mellora da calidade de augas e ambiente. Unha maneira de facer Europa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2013

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file