Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de outubro de 2013 polo que se procede á notificación por comparecencia do acordo de inicio e trámite de audiencia no expediente de resolución do contrato da obra saneamento no núcleo da Senra, parroquia de Cervo. Cervo (Lugo), de clave OH.327.587.

En relación co expediente de resolución do contrato de referencia, de conformidade co establecido no artigo 207 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e co artigo 109 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas, do 16 de xuño de 2000, e ante o resultado negativo de dous intentos de notificación no enderezo sinalado pola empresa Roymer Obra Civil, S.L. e no enderezo a que foron reexpedidas pola oficina de Correos, e para que sirva de notificación dos referidos trámites, emprázase a devandita empresa para que compareza ante Augas de Galicia, situada na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo, en Santiago de Compostela, en horario de oficina (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas), no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Se, transcorrido o devandito prazo, non tiver comparecido a interesada, a notificación dos actos administrativos a que se refire este anuncio entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, remitirase este anuncio de notificación por comparecencia ao Concello de Mos e ao Concello de Redondela, para a súa colocación nos seus respectivos taboleiros de anuncios ata o día que venza o prazo para comparecer a interesada.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia