Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 15 de outubro de 2013, da Delegación de Lugo, polo que se comunica a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 4 de decembro de 2013, ás 10.00 horas, na sala de xuntas do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

Lote 1.único

Dereitos hereditarios que ao debedor Anxo Ferreiro e Fernández lle poidan corresponder sobre a herdanza de José Ferreiro Díaz, falecido o 9 de agosto de 2008. Foron declarados herdeiros Anxo Ferreiro e Fernández e José Ferreiro e Fernández, segundo declaración de herdeiros con número de protocolo 39 da notaria María de los Reyes Sánchez-Moreno de Castroverde; consonte o expediente de sucesións 2009/27/000/00160 presentado na Xefatura Territorial de Lugo.

34.785,10

Sen cargas

34.785,10

500,00

Lote 2.1

Predio 19.183. Tomo 730, libro 195, folio 184. Rústico. Terreo coñecido como Lombo (Veiga de Moreda), sito no lugar de San Cosme de Barreiros, no municipio de Barreiros. Dedicada a labradío, ten unha superficie de dez hectáreas e seis áreas. Ref. catastral: 27005 A 002000940000 US. Titularidade: House & Haus Edificios e Alugueres, S.L., pleno dominio, por título de compravenda.

5.876,70

297.000,00

926,01

100,00

Lote 2.2

Predio 12.310. Tomo 800, libro 206, folio 161. Rústico. Terreo coñecido como Veiga de Moreda, sito no lugar de San Cosme de Barreiros, no municipio de Barreiros. Dedicada a labradío, ten unha superficie de dezaseis áreas. Ref. catastral: 27005 A 002001050000 UP. Titularidade: House & Haus Edificios e Alugueres, S.L., pleno dominio, por título de compravenda.

8.977,54

297.000,00

926,01

100,00

Lote 3.1

Rústico. Curro de Veredas, con destino a matogueira e sito no municipio de Rábade. Ocupa a superficie de tres mil seiscentos cincuenta e oito metros cadrados. Ref. catastral 27056 A 003000520000 DP. Titularidade: Fernando Lucas Carral, 100 % de propiedade.

13.350,03

Sen cargas

13.350,03

200,00

Lote 3.2

Rústico. Raviela, con destino a carballeira e sito no municipio de Outeiro de Rei. Ocupa a superficie de mil cincocentos vinte metros cadrados. Ref. catastral 27039 A 027001040000 GP. Titularidade: Fernando Lucas Carral, 100 % de propiedade.

5.991,22

Sen cargas

5.991,22

200,00

Lote 4.1

Predio 98.651 G79S2. Tomo 1.586, libro 1.147, folio 140. Urbano. Local en soto 02 do edificio número 2 ao 14 pola rúa Músico Xosé Castiñeira e número 2 pola rolda das Mercedes da cidade de Lugo, destinado a aparcadoiros de vehículos e que se identifica co número 79 co rocho que se lle asigna sinalado co número 45. Ref. catastral: 8621001 PH 1682 S 0128 RP. Titularidade: Manuel Rellán Pérez, pleno dominio con carácter ganancial, por título de compra para a sociedade conxugal.

13.410,00

Sen cargas

13.410,00

200,00

Lote 4.2

Predio 106.425. Tomo 1.566, libro 1.127, folio 110. Local comercial da planta baixa do edificio números 2 ao 14 da rúa Músico Xosé Castiñeira e número 2 pola rolda das Mercedes da cidade de Lugo. Ocupa a superficie construída aproximada de cento noventa e cinco metros cadrados. Ref. catastral (terreo matriz): 8621001 PH 1682 S 0002 RP. Titularidade: Manuel Rellán Pérez, pleno dominio con carácter ganancial, por título de compra para a sociedade conxugal.

130.698,00

166.094,46

6.120,08

200,00

Lote 5.1

Predio 32.374. Tomo 761, libro 317, folio 20. Urbano. Vivenda situada na primeira planta alta do edificio sinalado co número 21 da rúa Comercio na vila de Monforte de Lemos. Ocupa a superficie construída de cento trinta e catro metros cadrados. Titularidade: Mariano Rodríguez Cedrón, con carácter privativo por título de compravenda. Ref. catastral 2290004 PH 2029 S 0003 LL.

63.583,00

66.914,66

1.451,01

100,00

Lote 5.2

Predio 32.375. Tomo 761, libro 317, folio 21. Urbano. Vivenda situada na segunda planta alta do edificio sinalado co número 21 da rúa Comercio na vila de Monforte de Lemos. Ocupa a superficie construída de cento trinta e catro metros cadrados. Titularidade: Mariano Rodríguez Cedrón, con carácter privativo por título de compravenda. Ref. catastral 2290004 PH 2029 S 0004 BB.

63.583,00

66.914,66

1.451,01

100,00

Lote 6.1

Predio 13.106. Tomo 467, libro 149, folio 91. Urbano. Vivenda unifamiliar no terreo coñecido como Horto, sito na vía pública Pobo Líber do municipio de Becerreá. Ten unha superficie construída de cento noventa e tres metros cadrados distribuídos en dúas plantas. O terreo ten unha superficie total de cincocentos cincuenta e catro metros cadrados e ocupa a casa noventa e tres metros cadrados do total da parcela. Ref. catastral: 002100200 PH 54 H 0001 WF. Predio ref. catastral: 27006A102000050000BY. Titularidade: Mª Florinda Vázquez Álvarez, 100 % pleno dominio con carácter ganancial, por título de achega á sociedade conxugal.

38.367,55

86.220,81

763,76

100,00

Lote 6.2

Predio 13.107. Tomo 467, libro 149, folio 92. Terreo coñecido como Horto, sito na vía pública Parroquia Líber no municipio de Becerreá. Ten unha superficie de trece áreas e corenta e unha centiáreas dedicadas a prado. Ref. catastral: 27006 A 102000060000 BG. Titularidade: Mª Florinda Vázquez Álvarez, 100 % pleno dominio con carácter ganancial, por título de achega á sociedade conxugal.

3.860,42

Sen cargas

3.860,42

100,00

Lote 7.1

Predio 18.174. Tomo 302, libro 145, folio 198. Urbano. Terreo non edificado coñecido como Horta do Campo, sito na parroquia da Fonsagrada no municipio do mesmo nome. Ten unha superficie de mil trescentos oitenta metros cadrados. Ref. catastral: 7067311 PH 5776 N 0001 UE. Titularidade: Alberta Fernández Fernández, 100 % pleno dominio con carácter privativo, por título de herdanza.

52.281,82

Sen cargas

52.281,821

500,00

Lote 7.2

Predio 18.176. Tomo 302, libro 145, folio 204. Urbano. Terreo non edificado coñecido como Finca Número Dous (procedente da denominada Horta do Campo), sita na parroquia da Fonsagrada no municipio do mesmo nome. Ten unha superficie de sesenta e dous metros cadrados. Ref. catastral: 7067319 PH 5776 N 0001 PE. Titularidade: Alberta Fernández Fernández, 100 % pleno dominio con carácter privativo, por título de herdanza.

496,00

Sen cargas

496,00

100,00

Lote 7.3

Predio 18.901. Tomo 327, libro 155, folio 141. Urbano. Casa coñecida como Casa do Mestre, sita na r/ Maior 37 da vila da Fonsagrada. Sitúase sobre un terreo de trescentos oitenta e sete metros cadrados, sendo a superficie edificada de douscentos sesenta e un metros cadrados. A superficie total construída é de cincocentos trinta e nove metros cadrados. Ref. catastral: 7265511 PH 5776 N 0001 SE. Titularidade: Alberta Fernández Fernández, 100 % pleno dominio con carácter privativo, por título de herdanza.

253.784,32

146.293,56

107.490,76

500,00

Lote 8.1

Predio 49.371. Tomo 1.444, libro 1.005, folio 005. Urbano. Parcela de terreo dedicada a soar que procede da Cortiña de Abaixo, no lugar de Abuín, parroquia de Santo Antón de Padua, extra muros da cidade de Lugo. Ten unha superficie de douscentos oitenta e tres metros e corenta decímetros cadrados. Titularidade: Antonio Mera López, pleno dominio para a sociedade de gananciais, por título de compra.

118.007,27

81.696,05

36.311,22

500,00

Lote 8.2

Predio 65.393-N. Tomo 1.104, libro 665, folio 095. Urbano. Local comercial sito no edificio en construción da estrada do Marqués de Ombreiro (esquina r/ Músico Falla), baixo, da cidade de Lugo. Ten unha superficie útil de seiscentos setenta e dous metros e corenta e dous decímetros cadrados. Ref. catastral: 6429930 PH 1662 N 0003 ZK. Titularidade: Antonio Mera López, pleno dominio por metades indivisas, con carácter ganancial, por título de compra.

161.985,98

351.162,26

2.899,31

100,00

Lote 8.3

Predio 65.395-N. Tomo 1.104, libro 665, folio 96. Urbano. Local comercial sito no edificio da estrada Marqués de Ombreiro (esquina r/ Músico Falla), entresollado, da cidade de Lugo. Ten unha superficie de cincocentos oitenta e un metros e corenta e cinco decímetros cadrados. Ref. catastral: 6429930 PH 1662 N 0004 XL. Titularidade: Antonio Mera López, pleno dominio por metades indivisas, con carácter ganancial, por título de compra.

124.081,43

351.162,26

2.899,31

100,00

Lote 9.único

Predio 29.753. Tomo 706, libro 244, folio 18. Urbano. Vivenda sita no número dezaseis do lugar coñecido como Fondo de Vila, no lugar de Sabadelle, do municipio de Chantada. Casa de planta baixa, onde se encontran as cortes, e planta alta destinada a vivenda, en estado ruinoso, construída no ano 1890. Ten unha superficie de cento nove metros cadrados. O resto do terreo, nove áreas e quince centiáreas, cun palleiro de 70 metros cadrados e garaxe de 10 metros cadrados. Ref. catastral: 000403600PH02A0001AS. Titularidade: Antonio Irastorza Valenzuela, 50 % pleno dominio, con carácter privativo por título de compravenda.

17.050,40

122.186,85

431,23

100,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde 30, baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos cales constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos cales haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente, que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é o título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e os gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa realización, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, este depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, puxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da realización da primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización du-nha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podendo presentarlle ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes desde o do seu inicio e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Lugo, 15 de outubro de 2013

Gonzalo Vázquez Rivas
Delegado de Lugo e presidente de mesa