Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 3 de outubro de 2013 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión e da batea Jofu I.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Jofu I e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 2.10.2013, Rosalía Suárez Otero, en representación da unidade de herdeiros de José Fungueiriño Muñiz, solicitou autorización para transmisión da concesión e da batea Jofu I.

Segundo. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro), de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG nº 243, do 16 de decembro), de pesca de Galicia; co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, que aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia; co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 97, do 22 de maio), e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Carmen Fungueiriño Suárez (33263565E), 1/2 privativo da concesión e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Jofu I.

Localización:

Cuadrícula nº: 209.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 6.5.1964.

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Fungueiriño Muñiz e Rosalía Suárez Otero (33074963C- 33073735B) 100 % gananciais.

Novas titulares: Carmen Fungueiriño Suárez (33263565E), 1/2 privativo e Rosalía Suárez Otero (33073735B) 1/2 privativo.

As novas titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 3 de outubro de 2013

P.D. de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña